Diferenzas entre revisións de «Escorpións»

sen resumo de edición
m (→‎Etimoloxía e orixes: Lingua latina)
 
== Veleno e toxicidade ==
 
O ferrón do escorpión (chamado ''telson''), alén de servir para agarrar a presa, defenderse e aparearse, inocula na presa un [[veleno]]. Este veleno contén unha serie de substancias cuxa composición química non está ben definida, pero que contén [[toxina|neurotoxinasneurotoxina]]s, [[histamina]]s, [[serotonina]], [[encima]]s, inhibidores de encimas e outras. Parece, segundo os investigadores, que as neurotoxinas actúan sobre as [[célula]]s nerviosas da presa (arañas e insectos), cunha certa especificidade, dependendo do tipo de animal.
 
É interesante saber que a toxicidade do veleno dun escorpión pode ser comparada co tamaño dos seus pedipalpos (o equivalente ao brazo humano do escorpión); canto máis robustos son os pedipalpos, menos veleno utiliza para as súas presas e canto menores eles foren, máis letal é o veleno do escorpión.
190.138

edicións