Xuízo ás Xuntas: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
traducindo |
||
Liña 10:
O mesmo día creouse unha Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas [[CONADEP]], integrada por personalidades independentes para relevar, documentar e rexistrar casos e probas de violacións de dereitos humanos, e fundar así o xuízo ás xuntas militares.
==A CONADEP==
{{Artigo principal|CONADEP}}
{{Artigo principal|Informe Nunca Más}}
Co fin de dar un forte apoio á investigación sobre violacións de dereitos humanos durante a ditadura, o presidente Alfonsín creou unha comisión de cidadáns notábeis, que chamou Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas (CONADEP).
A CONADEP estivo integrada por dez membros elexidos polo presidente, tres membros elexidos pola Cámara de Deputados, e cinco secretarios. Entre eles atopábanse o escritor [[Ernesto Sábato]], o médico [[René Favaloro]], o científico [[Gregorio Klimovsky]], o rabino [[Marshall T. Meyer]], o pastor evanxélico [[Carlos Gattinoni]], o sacerdote católico [[Jaime de Nevares]], a xornalista [[Magdalena Ruiz Guiñazú]] e a activista de dereitos humanos [[Graciela Fernández Meijide]].
Os membros da CONADEP recorreron a Arxentina, España, Francia, México e outros países entrevistando a eventuais testemuñas de violacións de dereitos humanos. Tivo a virtude de promover a confianza para que eses testemuños saliran á luz.
O resultado foi un cuadro aterrador que superou as peores evaluacións previas. Fundamentalmente quedou en evidencia que as violacións masivas de dereitos humanos foron executadas sistemáticamente obedecendo a un plan decidido nos niveis máis altos do goberno militar.
A comisión traballou nove meses e elaborou un informe de 50.000 páxinas que está considerado como un monumento xurídico e un dos documentos máis importantes da historia dos dereitos humanos.
A CONADEP documentou acabadamente ao redor de 9.000 casos concretos de violacións de dereitos humanos. Pola súa seriedade e neutralidade, o Informe Nunca Más non só constituiu unha proba fundamental no Xuízo contra as Xuntas, se non que produxo un impacto cultural de enorme magnitude na sociedade arxentina.
O [[20 de setembro]] de [[1984]] a CONADEP produciu o seu famoso informe titulado '''“[[Nunca Más]]”''' e os seus membros concurriron a entregalo ao presidente ''Alfonsín'' á [[Casa Rosada]] acompañada dunha multitude de 70.000 persoas <ref>[http://www.todo-argentina.net/historia/democracia/alfonsin/1984.htm ''Raúl Alfonsín (1983-1989)'', Todo Argentina]</ref>.
|