Antitoxina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
traducido de en:Antitoxin
 
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en tradución}}
[[Ficheiro:Antitoxin diphtheria.jpg|miniatjuraminiatura|Un vial do ano 1895 da antitoxina diftérica.|252x252px]]
 
Unha '''antitoxina''' é un [[anticorpo]] coa capacidade de neutralizar unha [[toxina]] específica. As antitoxinas son producidas por certos [[animal|animais]], [[plantas]] e [[bacteria]]s en resposta á exposición a unha toxina. Aínda que son máis efectivas neutralizando toxinas, poden tamén matar bacterias e outros microorganismos. As antitoxinas prodúcense no interior dos organismos e poden ser inxectadas noutros organismos, incluíndo os humanos, para tratar unha [[doenza infecciosa]]. Este procedemento implica inxectar un animal cunha cantidade segura dunha determinada toxina. O corpo do animal fabrica despois a antitoxina necesaria para neutralizr a toxina. Posteriormente, extráese [[sangue]] do animal e obtense a antitoxina do sangue, e despois purifícase e inxéctase no ser humano ou noutro animal, inducindo nel unha [[inmunidade pasiva]] temporal. Para impedir que se orixine a [[enfermidade do soro]], adoita ser mellor usar unha antitoxina obtida da emsma especie (por exemplo, unha antitoxina humana para tratar a humanos).