Lois Peña Novo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11:
 
En 1916, ano da fundación da primeira [[Irmandades da Fala|Irmandade da Fala]], incorpórase á de Compostela e participa como cofundador na de Vilalba.
 
[[Ficheiro:I Asemblea Nacionalista, Lugo 17-18 de novembro de 1918, aparecen, entre outros, Antón Losada Diéguez, Antón Villar Ponte, Vicente Risco e Manuel Banet Fontenla.jpg|miniatura|300px|Participantes na I Asemblea Nacionalista.]]
En 1918 é redactor do Programa das Irmandades da Fala aprobado na [[I Asemblea Nacionalista]] celebrada en [[Lugo]]. Entre outros recollía a petición da autonomía integral de Galicia e a igualdade de dereitos de mulleres e homes.
 
Lois Peña Novo foi o primeiro concelleiro electo nunha candidatura nacionalista en Galicia, resultando elixido no concello da [[A Coruña|Coruña]] nos comicios do [[8 de febreiro]] de [[1920]]<ref>{{cita libro|nome=Rubén|apelidos=Ventureira|título=Calendario Histórico A Coruña 2017|isbn=978-84-608-9887-0|lingua=es|editorial=Asociación da Prensa da Coruña, [[Compañía de Tranvías da Coruña]]|data=2016}}</ref> -nos que o seu compañeiro de candidatura [[Antón Villar Ponte]] quedou fóra-.
[[Ficheiro:Praca no lugar da sede do Heraldo de Villalba para conmemorar a constitución da irmandade da fala de Vilalba.jpg|alt=Placa en conmemoración da constitución da Irmandade da Fala de Vilalba|miniatura|Placa en conmemoración da constitución da Irmandade da Fala de Vilalba]]
 
En 1921 publica o libro ''La Mancomunidad Gallega'', que será a referencia dos galeguistas á hora de concretar as súas arelas de autogoberno.
 
Liña 23:
 
Lois Peña Novo exerceu diversos cargos na II República: gobernador civil de [[Provincia de Cáceres|Cáceres]] (6-5-1932 a 31-8-1932), [[Provincia de Sevilla|Sevilla]] (31-8-1932 a 9-12-1932), [[Provincia de Valencia|Valencia]] (22-8-1933 a 14-9-1933), e gobernador xeral de [[Estremadura]] (nomeado o 7-12-1932). E foi un fiel defensor da mesma na súa caída ante a [[sublevación militar do 18 de xullo de 1936]], mantendo a súa lealdade aos dirixentes democraticamente elixidos e defendendo mentres foi posible o Goberno civil de [[Lugo]].
[[Ficheiro:I Asemblea Nacionalista, Lugo 17-18 de novembro de 1918, aparecen, entre outros, Antón Losada Diéguez, Antón Villar Ponte, Vicente Risco e Manuel Banet Fontenla.jpg|miniatura|300px|Participantes na I Asemblea Nacionalista.]]
 
A súa pertenza ao bando dos perdedores da guerra civil supuxo o comezo das penalidades: foi encarcerado primeiro en Lugo e despois en [[Baralla]]. Máis tarde foi deportado á vila de [[Mallén]], en [[Provincia de Zaragoza|Zaragoza]], para retornar como confinado a Vilalba ao remate da guerra.
Liña 33:
 
== Pensamento ==
[[Ficheiro:A Nosa Terra, 1916.png|miniatura|300px|Peña Novo publicou n` ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]''.]]
Lois Peña Novo foi, con varios libros e centos de artigos -publicados en ''[[El Pueblo Gallego]]'', ''[[Galicia. Diario de Vigo|Galicia]]'', ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', ''[[Acción Coruñesa]]'', ''[[Revista Nós|Nós]]'', ''[[El Ratón]]''-, un dos principais estudosos da realidade socioeconómica galega do primeiro terzo do [[século XX]] e das tentativas da súa resolución. Pódese sintetizar o seu pensamento nas seguintes formulacións: