Diferenzas entre revisións de «Marilyn Monroe»

m
Arranxiños
m (→‎top: Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/> (6))
m (Arranxiños)
}}
[[Ficheiro:Marilyn Monroe Signature.svg|miniatura|252px|dereita|Sinatura de Marilyn Monroe.]]
'''Marilyn Monroe'''<ref name="name">O 23 de febreiro de 1956, en Nova York, conseguiu que este fose o seu nome oficial.</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.marilynmonroe.com/about/facts.html |título=Páxina oficial de Marilyn Monroe |data-acceso=21 de febreiro de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110102143539/http://www.marilynmonroe.com/about/facts.html |dataarquivo=02 de xaneiro de 2011 |urlmorta=si }}</ref>, de nome real '''Norma Jeane Mortensen''', nada nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] o [[1 de xuño]] de [[1926]] e finada na mesma cidade o [[5 de agosto]] de [[1962]],<ref>{{cita web |url=http://www.biography.com/articles/Marilyn-Monroe-9412123?part=1 |título=Marilyn Monroe Biography |publisher=Biography.com |dataacceso=21 de xaneiro de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110807180210/http://www.biography.com/articles/Marilyn-Monroe-9412123?part=1 |dataarquivo=07 de agosto de 2011 |urlmorta=si }}</ref> foi unha actriz, modelo e cantante [[Estados Unidos de América|estadounidense]]. Converteuse nun importante [[Símbolo sexual|sex symbol]], protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960,<ref>Obituary ''[[Variety Obituaries|Variety]]'', 8 de agosto de 1962, páxina 63.</ref> chegando a ser unha das actrices de [[Hollywood]] máis famosas de todos os tempos.<ref>{{cita web |url= http://www.biografiasyvidas.com/monografia/marilyn_monroe/|título= Biografía completa de Marilyn Monroe|dataacceso= 10/02/2013 |autor= Biografías e Vidas |lingua= español}}.</ref>
 
Iniciou a súa carreira como [[Modelo (arte)|modelo]] fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas ''[[A xungla do asfalto]]'' (1950) e ''[[Todo sobre Eva]]'' (1950). Empezou a ser coñecida mundialmente despois de protagonizar o musical ''[[Os cabaleiros prefírenas loiras]]'' (1953) e aparecer no número inaugural da revista ''[[Playboy]]''.<ref name="Biografía">{{cita web |url= http://www.publispain.com/marilynmonroe/biografia.htm|título= Biografía de Marilyn Monroe |dataacceso= 30/06/2013 |autor= Publispain|lingua= español}}</ref>
 
Interpretou o papel principal nas comedias ''How to Marry a Millionaire'' (''Como casar cun millonario'', 1953), ''[[The Seven Year Itch]]'' (1955) e ''[[Bus Stop]]'' (1956), e grazas ao éxito de público destas películas, comezou a ser considerada como unha das actrices máis rendibles da industria cinematográfica. O seu maior éxito comercial foi ''[[Con saias e a rachar|Some Like it Hot]]'' (1959), filme polo que gañou o [[Premios Globo de Ouro|Globo de Ouro]] á mellor actriz de comedia.<ref name="Oro">{{cita web |url= http://www.misrespuestas.com/quien-fue-marilyn-monroe.html|título= Quién fue Marilyn Monroe ?|dataacceso= 17/08/2013|autor= Mis respuestas|lingua= castelán}}</ref>
 
Foi considerada unha das mulleres máis atractivas da historia da sétima arte, pero a súa explosiva beleza condicionouna artística e emocionalmente, obrigándoa a proxectar unha imaxe sedutora e superficial que encubría a súa personalidade real, sensible e inestable desde a infancia. Estivo casada co escritor [[James E. Dougherty]] de 1942 a 1946, co xogador de [[béisbol]] [[Joe DiMaggio]], en 1954, e logo co dramaturgo [[Arthur Miller]], entre 1956 e 1962.
102.760

edicións