Grace Kelly: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Premios Óscar
Liña 8:
En 1949 conseguiu o seu primeiro papel na zona de teatros máis prestixiosa de Nova York. Traballou na televisión, pero decidiu marchar aos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] e probar sorte no cine. En [[1951]], aos 22 anos realizou a súa primeira película chamada ''Fourteen Hours'' cun papel secundario. A súa elegancia e delicada beleza chamaron a atención en Hollywood, de maneira que nos anos seguintes ofrecéuselle un papel principal no wéstern ''High Noon'', xunto a outra celebridade, [[Gary Cooper]].
 
A súa seguinte película foi ''Mogambo'', xunto a [[Clark Gable]] e [[Ava Gardner]], pola cal foi candidata ao [[Premios Óscar|Óscar]] como mellor actriz secundaria. Na súa curta carreira cinematográfica, Grace foi unha das actrices preferidas de Alfred Hitchcock, con que traballou en tres películas máis; ''Dial M for Murder'' con [[Ray Milland]], ''[[A ventá indiscreta]]'' con [[James Stewart]], e ''To Catch a Thief'', con [[Cary Grant]]. Esta última feita en Mónaco, onde a actriz coñeceu o seu futuro esposo, o príncipe Rainiero. Tamén traballou ao lado do Sir [[Alec Guinness]] na película ''O cisne''.
 
En [[1954]], aos 25 anos, gañou un Óscar como mellor actriz principal por ''The Country Girl'', protagonizada por [[Bing Crosby]] e [[William Holden]]. Dise deste Óscar que llelo concederon para facela máis famosa e para beneficiar o principado. Tamén se di que llo roubou a [[Judy Garland]] porque Grace non era unha boa actriz.{{Cómpre referencia|data=outubro de 2017}}