Giovanni Antonio Canal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Curiosidades: {{Curiosidades}}
m →‎Breve biografía artística: Giovanni Battista Tiepolo
Liña 10:
En [[1746]], Canaletto instalouse en [[Londres]], onde pintou numerosas panorámicas inglesas, mais seguiu aínda a realizar vistas da súa Venecia natal, a partir de deseños preparados que levara consigo desde [[Italia]].
 
No [[1753]], tornou para [[Venecia]]. Dez anos despois foi posta ao seu cargo a cátedra de Perspectiva na Academia de Belas Artes, por designio do director da institución, o tamén pintor [[Giovanni Battista Tiepolo|Giambattista Tiepolo]]. Os lenzos dos seus derradeiros anos foron criticados pola utilización repetida de temas, que antes foran a base do seu éxito.
 
Das súas panorámicas venecianas admíranse, sobre todo, as súas vistas do ''Palacio Ducal'' e da [[Praza de San Marcos]]. Unha colección das vedute foron editadas ao gravado na súa cidade, en [[1742]].