Donato Bramante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
m →‎Roma: Xulio II, papa
Liña 30:
As súas obras más destacadas atópanse en [[Roma]]. Alí foi axiña recoñecido polo cardeal Della Rovere, que despois se converteu no papa [[Xulio II, papa|Xulio II]].
 
En Roma a súa primeira obra foi froito do encargo dos [[Reis Católicos]], que para conmemorar a toma de Granada decidiron levantar unha igrexa en honra do apóstolo [[Pedro, papa|san Pedro]]. No lugar en que se cre que foi martirizado construíuse en [[1502]] o templo de [[San Pietro in Montorio]] ou ''tempietto''. Este templo foi case unha especie de proba por parte do papa [[Xulio II, papa|Xulio II]]. Está considerado un dos edificios máis harmoniosos do [[Arquitectura do Renacemento|Renacemento]]. A pesar do seu pequeno tamaño, a construción ten todas as proporcións rigorosas e a simetría das estruturas clásicas, rodeado por finas columnas toscanas, cunha cúpula por riba. Bramante planeou un patio con columnas que o rodease, pero puxéronse en marcha plans máis grandiosos: a [[basílica de San Pedro]].
[[Ficheiro:Sheet_with_Bramante's_first_plans.jpg|miniatura|Bosquexo da planta da [[basílica de San Pedro]], obra de Bramante.]]
En novembro de 1503, foi nomeado arquitecto pontificio, levando a cabo dúas intervencións: o chamado ''Palacio dos Papas'' e a nova [[basílica de San Pedro]] no [[Outeiro Vaticano|Vaticano]], proxecto este último que só chegou a comezar e que sería máis tarde continuado e modificado por [[Rafael]], [[Antonio da Sangallo o vello|Antonio de Sangallo]] e [[Michelangelo]], para ser concluído no [[século XVII]] por [[Carlo Maderno]].