Gian Lorenzo Bernini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: arranxiños
Liña 6:
 
== Traxectoria ==
Foi un dos máis fieis intérpretes da arte contrarreformista e da renovación católica romana, a súa visión artística é escenográfica e teatral. Son fundamentais as súas achegas ó nacemento da arte barroca. Tras as súas primeiras esculturas para o cardeal Borghese, con múltiples puntos de vista e dinamismo pleno de realidade, comezou en [[1624]] o seu labor en San Pedro: o baldaquino, a cátedra, as tumbas de [[Urbano VIII, papa|Urbano VIII]] e [[Alexandre VII, papa|Alexandre VII]] caracterizadas por invencións variadas e sorprendentes, movemento e espectacularidade, integración de artes, tipos e materiais e alegorías cristiáns. A columnata exterior, tamén obra súa, relaciona a igrexa co espazo exterior como sucede coas fachadas do palacio Barberini e das súas igrexas, na cal os valores plásticos superan ós espaciais.
 
Entre as obras máis coñecidas de Bernini están as fontes de Roma, fontes pesadas caracterizadas como axentes da natureza, esculturas e rochas que forman coas fervenzas de auga un todo único, que converte á auga en escultura. Destacan a [[Fonte dos Catro Ríos]] e a [[Fonte do Tritón]].
 
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}