Diferenzas entre revisións de «Xoana I de Castela»

m
→‎Arquiduquesa de Austria: Filipe I de Castela
m (→‎Arquiduquesa de Austria: Filipe I de Castela)
 
=== Arquiduquesa de Austria ===
[[Ficheiro:Juanna_Filips_Klein.jpg|miniatura|esquerda|300px|[[Filipe I de Castela|Filipe o Fermoso]] e Xoana I de Castela]]
Como era costume na Europa da época, Isabel e Fernando negociaron os matrimonios de todos os seus fillos co fin de aseguraren os seus obxectivos diplomáticos e estratéxicos. Conscientes das boas aptitudes de Xoana, e contando coa necesidade de reforzar os lazos co [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], que rexía [[Maximiliano I de Habsburgo]], e a rivalidade cos cada vez máis hexemónicos monarcas franceses da dinastía da [[Casa de Valois]], os [[Reis Católicos]] ofreceron a Xoana ao fillo de Maximiliano, ''[[Filipe I de Castela|Filipe de Habsburgo]]'', [[arquiduque de Austria]], [[duque de Borgoña]], [[duque de Brabante|Brabante]], [[duque de Limburgo|Limburgo]] e [[duque de Luxemburgo|Luxemburgo]], conde de [[condado de Flandres|Flandres]], de [[Habsburgo]], de [[Hainaut]], de [[Holanda (rexión)|Holanda]], de [[Zelandia]], do [[Rexión de Tirol|Tirol]] e de [[Artois]], señor de [[Antuerpen]] e [[Malinas]] etc. A cambio deste enlace, os [[Reis Católicos]] pediron a man da filla de Maximiliano, [[Margarida de Austria, duquesa de Savoia|Margarida de Austria]], como esposa para o príncipe [[Xoán de Aragón]]. Xoana de Castela xa fora considerada como posíbel prometida polo herdeiro francés dos Valois, e aínda en [[1489]] foi solicitada en matrimonio polo rei [[Escocia]], [[Xaime IV de Escocia|Xaime IV]], da [[Casa de Estuardo|dinastía Estuardo]].
 
A travesía tivo algúns contratempos que obrigaron a buscar refuxio na [[Illa de Portland]], [[Inglaterra]], o [[31 de agosto]]. Cando finalmente a frota puido arribar a [[Middelburg]] ([[Zelandia]]), unha das embarcacións [[Xénova|xenovesas]] que transportaba 700 homes, afundiuse, e con ela as vestimentas de Xoana e moitos dos seus efectos persoais.
 
Xa en terra [[Flandres|flamenga]], Xoana non foi recibida polo seu prometido, que se encontraba en [[Alemaña]], debido a unha artimaña que prepararan os conselleiros francófilos de Filipe, opostos ás alianzas pactadas polo seu pai, o emperador. Os sobreditos tentaron aínda, en [[1496]], e con Xoana xa na corte, convenceren a Maximiliano do inconveniente dunha alianza coa [[Coroa de Castela]] e, por contra, das virtudes dunha alianza co [[reino de Francia|reino francés]]. A cerimonia da voda con ''[[Filipe I de Castela|Filipe o Fermoso]]'' celebrouse o [[12 de novembro]] de [[1496]] en [[Liexa]]
 
O ambiente da corte que encontrou Xoana chocaba radicalmente co que existía na castelá. A sobria, relixiosa e familiar corte castelá contrastaba coa festiva, desinhibida e individualista corte [[Borgoña|borgoñoa]]-[[Flandres|flamenga]].
104.847

edicións