Senado romano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎No Imperio: arranxiños
Liña 21:
=== No Imperio ===
 
[[Octavio Augusto|Augusto]], e os outros [[triúnviro]]s, reduciron novamente o número de senadores a 300, aínda que mantiveron algúns dos nomeamentos de César, que tiñan a consideración de ''[[homo novus|homines novi]]'', pero as proscricións por eles emprendidas baleiraron os bancos do Senado, que foron enchidas coa promoción de partidarios dos triúnviros extraídos da orde ecuestre e do exército.
 
Terminada a guerra entre Augusto e [[Marco Antonio]] en [[-30|30 a.C.]], Augusto procedeu a cribar a lista de senadores, intentando recuperar como senadores aos superviventes das familias tradicionais, pero favorecendo tamén aos seus partidarios, sen ter en conta a súa orixe, caso de [[Mecenas]] , [[Marco Vipsanio Agripa|Agripa]], [[Planco]] ou [[Asinio Polión]]. Tamén incrementou os poderes nominais do Senado, transmitindo os poderes de elección de [[maxistrados]] das asembleas ou [[comitia]] ao senado, aínda que realmente reduciu os seus poderes, xa que case todas as provincias con exército pasaron ao control directo do emperador, as maxistraturas convertéronse en cargos honoríficos, e os candidatos a elas necesitaban do visto e prace do emperador, quen asumiu a potestade xurisdicional dos ''[[Comitia Tributa]]'', polo que os [[Edicto]]s imperiais se superpuxeron aos [[Senadoconsulto]]s.
 
A partir de [[Claudio]], numerosos provinciais, especialmente hispanos, foron admitidos no Senado, aínda que a estes novos senadores se lles impoñía o requisito de investir o censo mínimo senatorial -1.000.000 de [[sestercios]]- en propiedades rústicas en Italia, culminando o proceso coa elección dun emperador procedente dunha familia senatorial provincial hispana: [[Traxano]].
 
Ao longo do Alto Imperio, as relacións entre os emperadores e os senadores foron as dunha tira e afrouxa continuo, e, se ben é certo que moitos colaboradores dos emperadores eran senadores, o certo é que estes, aínda os máis respectuosos, tendían a deixar de lado as expectativas e desexos dos senadores. Ademais, os senadores tendían a ignorar que a verdadeira fonte de poder do estado romano era o exército, polo cal pasaban por curtos períodos de tempo. A consecuencia foi que algúns emperadores, como [[Tiberio]], [[Calígula]], [[Nerón]], [[Domiciano]], [[Hadriano (emperador)|Hadriano]] ou [[Cómodo]] sostiveron relacións moi difíciles co Senado, e promoveron a persecución de moitos dos seus membros.
 
Coa chegada da dinastía Severa, de orixe militar, o senado foi progresivamente acurrunchado en favor da orde ecuestre e da nova burocracia imperial nada do exército, ata que o emperador [[Aureliano]] excluíu aos senadores dos postos militares.