Idade Media: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
palabra sinónima do galego antigo
Desfíxose a edición 5331913 de 79.145.70.133 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 33:
Até a [[Revolución industrial]], a poboación europea viviu nun precario equilibrio cos recursos alimentarios; así, calquera aumento demográfico que non se correspondese cun incremento das posibilidades agrarias derivaba nunha desnutrición que deixaba sen defensas o corpo humano e vulnerábel ante calquera ataque [[epidemia|epidémico]]. Isto foi constante durante a Idade Media, a excepción do período que vai do [[século XI]] ao [[Século XIII|XIII]], durante o cal asistiuse a unha expansión demográfica sostida. O aumento de poboación a partir do ano [[1000]] foi favorecido por certo interese dos señores a conceder terras para cultivar, de forma que se aumentasen as súas rendas, e á talla dos bosques que comportou a ruptura de novas terras, e polo tanto da produción agrícola. Outros factores que posibilitaron o aumento demográfico foron a mellora climática, que grazas a un pluviometría favorable, fixo máis abondosas as colleitas, o paro das grandes migracións que asolaran Europa ([[Pobos xermánicos|xermánicos]], [[pobo maxiar|maxiares]], [[normandos]], etc.).
 
A finais do século XIII, a expansión agraria parouse dun golpe logrando o límite ecolóxico (as novas terras eran máis más, o ritmo de produción pola carencia de adobos estabilizárase, a carencia de bosques fixo entrar en crise a gandaría nun momento que era importante polo adobo dos campos deixados ao barbeito). Todo iso incidiu nun aumento dos prezos, agravado por unha serie de malas colleitas que causaron a fame (especialmente virulenta foi a dos anos 1315 a 1317). E para acabar de  adobar  o, durante os anos [[1348]]-[[1349]], estendeuse a peste negra, enfermidade terriblemente contaxiosa. A peste foi a máis extensa das enfermidades que iniciaron toda unha serie de "maos anos" que paralizaron o crecemento de moitas cidades e vilas rurais. A pesar da recesión, moitas cidades ([[París]], [[Florencia]], [[Xénova]]...) creceron en extensión durante os [[século XIV|séculos XIV]] e [[Século XV|XV]] e as perdas humanas debidas ás epidemias recuperáronse rapidamente. Polo tanto, a crise urbana foi unha crise de adaptación e de crecemento.
 
== Arte ==
Liña 77:
=== Transición do Período Clásico á Idade Media ===
 
* [[313]] - [[Edicto de Milán]], o [[cristianismo]] deixa de ser porongaseguidoperseguido.
* [[380]] - [[Teodosio I]] fai do cristianismo a relixión oficial do Imperio Romano.
* [[476]] - Caída do [[Imperio Romano]] do Occidente.