Eugène Delacroix: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
File
Liña 30:
 
== Traxectoria ==
=== Familia ===
Eugène foi o cuarto e último fillo do matrimonio formado polo político [[Charles-François Delacroix]] (1741-1805), ministro de exteriores do [[Directorio (Francia)|Directorio]], e de Victoire Oeben (1758-1814), que pertencía a unha familia de ebanistas, artesáns e debuxantes.
 
Ao morrer o seu pai, en 1805, sendo nese momento prefecto de [[Xironda]], Eugène trasládase coa súa familia a París.<ref name="delac50">{{harvsp|Sérullaz|1989|p=50}}</ref>, a un apartamento da súa irmá maior Henriette e de Raymond de Verninac.<ref>{{harvsp|Sérullaz|2007|p=5}}.</ref> Ao ano seguinte inscríbese no Liceo Imperial (actual [[Liceo Louis-le-Grand]]) onde recibe unha boa educación. As súas lecturas son clásicas: [[Horacio]], [[Virxilio]], pero tamén [[Jean Racine|Racine]], [[Pierre Corneille|Corneille]] e [[Voltaire]]. Aprende [[lingua grega|grego]] e [[lingua latina|latín]]. Os numerosos [[debuxo]]s e bosquexos escritos nos seus cadernos xa dan fe dos seus dons artísticos. Coñeceu aos seus primeiros confidentes no Lycée Impérial: Jean-Baptiste Pierret (1795-1854), Louis (1790-1865) e Félix (1796-1842) [[Ferdinand Guillemardet|Guillemardet]] e Achille Piron (1798-1865).<ref>{{harvsp|Sérullaz|1989|p=50}} ; {{harvsp|Sérullaz|Doutriaux|1998|p=17}}.</ref> Compartiron a súa vida bohemia e permaneceron fieis a el ata o final da súa vida.
===Estudos e formación===
Aos 18 anos ingresou na escola superior de belas artes, no estudo de P. Guérin, onde [[Théodore Géricault]] e Gros foron os seus mestres. Visita frecuentemente o [[Museo do Louvre|Louvre]], estudando e copiando aos grandes pintores que admira: [[Peter Paul Rubens|Rubens]], [[Diego Velázquez|Velázquez]], [[Rembrandt]], [[Paolo Veronese]], e debátese entre a tradición e o clasicismo e o desexo de achar, tralas aparencias, a realidade. O pintor paisaxista Bonington ensinoulle a pintar a natureza. [[Raymond Soulier]] iniciouno na [[acuarela]].