Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 109:
 
Olá de novo. Non podo pechar a votación, o que se sinala na mesma é que durará canto menos ata o 10 de decembro, pero non considero que haxa un resultado claro en favor de ningunha das dúas posturas. Creo que o mellor é que consultes a algunha administradora, podes deixarlles unha mensaxe no [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores|taboleiro das administradoras]], aínda que no estado actual da votación creo nun 99,9% que se manterá uns días máis, canto menos mentres non se pronuncien as dúas usuarias que están considerando o seu voto, ou ata que pase un tempo sen actividade na votación. Ten paciencia e aparca este tema. Un saúdo, [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 10 de decembro de 2019 ás 12:22 (UTC)
 
== RE: Artigo dun futbolista ==
Boas. Se cadra solicitan o borrado polos datos que citas de categorías inferiores (como non relevantes) ou se cadra por non ter axeitado o cadro. O certo é que o xogador ten un perfil interesante, como dis, e hai artigos máis pobres doutros futbolistas que non teñen a solicitude de borrado. Ao mellor sería interesante dar máis datos na biografía. Espero terche axudado. [[Usuario:Krisko|Krisko]] ([[Conversa usuario:Krisko|conversa]]) 14 de decembro de 2019 ás 17:29 (UTC)