Ramón Otero Pedrayo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 18:
=== Mocidade ===
[[Ficheiro:Ourense casa natal Risco-Pedrayo 1.jpg|miniatura|esquerda|175px|Casa natal. Rúa da Paz, Ourense.]]
Naceu no número 25 da rúa da Paz (até 1839 chamada a dos Zapateiros), no mesmo edificio en que vivía [[Vicente Risco]], e foi bautizado o 6 de marzo na igrexa de Santa María a Real do NorteNai cos nomes de Ramón Antonio Vicente. Foi membro dunha familia rica, fillo único do médico e deputado [[Enrique Otero Sotelo]], e mais de [[Eladia Pedrayo Ansoar]], filla do prestixioso avogado e político ourensán [[Ramón Pedrayo Silva]], quen foi padriño do neno.
 
En setembro de 1898 ingresou no Centro Provincial de Instrución, hoxe coñecido coma [[IES Otero Pedrayo de Ourense|Instituto Otero Pedrayo]], inaugurado en 1896 nas inmediacións do [[xardín do Posío]].<ref>{{Cita web|url = http://fundacionoteropedrayo.org/o-neno-a-familia/ |editorial=Fundación |título = O neno. A familia|data-acceso = 20/11/2015 }}</ref> Estudou o bacharelato na súa cidade natal, onde recibiu clases de [[Marcelo Macías]] e [[Eduardo Moreno López]] entre outros. Grazas aos seus bos resultados académicos, en xuño de 1901 foi elixido canda a [[Florentino López Cuevillas]] para ter unha merenda con [[Emilia Pardo Bazán]].