Edmond Halley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
File renamed. (GlobalReplace v0.6.5)
m →‎Traxectoria: ligazón a xabón
Liña 18:
 
== Traxectoria ==
Fillo dun rico fabricante de [[xabón]], xa dende moi novo amosa interese polas matemáticas e a astronomía da man do astrónomo real, [[John Flamsteed]], profesor seu en [[Universidade de Oxford|Oxford]]. Logo de se graduar viaxa á illa de [[Santa Helena]], coa intención de estudar as estrelas dende o [[hemisferio sur]]. En [[1678]] regresa a Inglaterra e publica ''Catalogus Stellarum Australium'' ([[1679]]), no que inclúe detalles de 341 estrelas meridionais, e entra na [[Royal Society]].<br />
Un dos seus traballos presentados na Royal Society foi o informe da [[eclipse]] total de Sol acontecida o [[22 de abril]] de [[1715]], que atravesou o centro da Gran Bretaña ([[Inglaterra]] e [[Gales]]), feito que non acontecía na illa dende había 500 anos, e calculou tamén o diámetro, dirección e velocidade de paso da sombra.
Aplicando a [[Gravidade|teoría da gravidade]] de [[Isaac Newton|Newton]] calculou a órbita de varios cometas, descubrindo que a [[órbita]] do cometa de [[1682]] era a mesma que as órbitas dos vistos en [[1531]] e [[1607]], chegando á conclusión de que se trataba dun único cometa e que volvería pasar en [[1758]]. Na súa honra déuselle o seu nome a este cometa ([[Cometa Halley|1P/Halley]]). Entre [[1698]] e [[1700]] percorreu as costas de África austral, ocupado na teoría do [[magnetismo terrestre]] no barco ''Paramour Pink''.