Diferenzas entre revisións de «Conversa usuaria:Vitoriaogando»

m
m
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
#Aproveitar para darlles formato co modelo de referencia que corresponda, segundo os modelos de citas. Desta maneira é máis probable que a seguinte vez que pase o bot si achegue unha url arquivada desa url que figura, que ao final é o seu obxectivo.
#Mellor aínda, se se ten tempo, é arquivar esa url unha mesma, facendo uso das ferramentas indicadas en [[Wikipedia:Ligazóns mortas]] e incluír os campos: dataarquivo=a que indique o servizo que uses; urlarquivo=a url que se arquivou; "urlmorta=non".
=== Páxinas que non están activas (a url non abre nada ou da erro 404)===
#O primeiro é comprobar que non haxa ningún erro tipográfico estúpido e/ou evidente.
#Por veces as urls rotas non son necesarias. Un exemplo:edicións de libros dixitais que ligaban a un texto completo pese a ter copyright. Nestes casos eu formateo a referencia do libro usando o ISBN e a inserción de cita automática. Que fai isto? Liga coa ficha do libro no Worldcat que é unha fonte máis que correcta. Por veces aparecen edicións en papel con estas ligazóns. Un libro en papel non as precisa, pero o método indicado antes tampouco estaría de máis.