Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Ligazóns mortas
Etiqueta: edición de código 2017
Maria zaos (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 628:
#O primeiro é comprobar que non haxa ningún erro tipográfico estúpido e/ou evidente.
#Por veces as urls rotas non son necesarias. Un exemplo:edicións de libros dixitais que ligaban a un texto completo pese a ter copyright. Nestes casos eu formateo a referencia do libro usando o ISBN e a inserción de cita automática. Que fai isto? Liga coa ficha do libro no Worldcat que é unha fonte máis que correcta. Por veces aparecen edicións en papel con estas ligazóns. Un libro en papel non as precisa, pero o método indicado antes tampouco estaría de máis.
#Bueno, como se indica en [[Wikipedia:Ligazóns mortas]] podes facer buscas en Google ou directamente nos servizos de arquivo. Eu, por practicidade, uso unha extensión de Firefox que se chama Resurrect Pages. Non é ningunha marabilla, pero ao xenerar un menú contextual que permite varias opcións de busca, penso que aforras un tempiño. Unha vez localizada a url arquivada pasarías ao paso 43 indicado arriba, agás que neste caso o campo "urlmorta" debe ir seguida de =si (porque a orixinal xa non funciona). Esta diferenza é importante porque muda a visualización entre uns casos e outros.
#Que pasa se non atopas a páxina que buscas? Bueno, é o máis desesperante, pero deberías buscar unha fonte alternativa que apoie do mesmo modo a información a que a cita orixinal acompañaba. Se é un xornal, buscar esa información noutros da mesma data etc. En ningún caso debes, co teu traballo alterar inxustificadamente o criterio de verificabilidade. Se se falaba de verde non valería unha web que fala do vermello, poñamos.
#E se xa fixen de todo e non hai maneira? Bueno, como moitos artigos son traducións, podes ir ao artigo da lingua orixinal e mirar como resolveron alí (case sempre están mortas alí tamén, pero...). Se isto non o resolve, pois non queda máis que cambiar o <nowiki>{{ligazón morta}}</nowiki> por <nowiki>{{Ligazón morta|intento-arranxo=si}}</nowiki>.