Marco Vitruvio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Polo modelo Arquitecto
m Arranxiños
Liña 2:
|nome =
|imaxe =
|descrición = [[Vitruvio]] presentado ''De Architectura'' a [[Octavio Augusto|Augusto]]. Por [[Sébastien Leclerc|S. Leclerc]], 1684
|data_de_nacemento =
|lugar_de_nacemento =
Liña 15:
}}
[[Ficheiro:Da_Vinci_Vitruve_Luc_Viatour.jpg|miniatura|[[Home de Vitruvio]], de [[Leonardo da Vinci]].]]
'''Marco Vitruvio''' (''Marcus Vitruvius Pollio'') foi un [[arquitecto]] [[Roma antiga|romano]] que viviu no [[Século -I |século I a.C.]] Non se coñece con exactitude cando existiu, mais tense calculado o seu nacemento arredor do 90 a.C, e o pasamento sobre o ano 20 d.C.
 
Logo de ter sido soldado na [[Galia]], en [[Hispania]] e en [[Grecia]] , foi tamén construtor de aparellos bélicos. Fíxose [[arquitectura|arquitecto]] en Roma. Conta de si mesmo que non é alto e que lamenta os estragos da idade. A súa prosa, á vez técnica e imaxinativa, implica esencialmente o uso de frases curtas, con vocabulario que semella ter sido o dos artesáns.
Liña 22:
 
== ''De Architectura'' ==
Foi autor dun célebre tratado de arquitectura, ''De Architectura'' (''Sobre a Arquitectura'', ás veces citado como ''Os dez libros da arquitectura''), probablemente escrito na etapa final da súa vida, que dedica ao emperador [[Octavio Augusto|Augusto]]. Este libro é presentado como unha enciclopedia das técnicas da Antigüidade romana, no que fai a loa, para o seu egrexio destinatario, da función de ''architectus'', intermediario entre o arquitecto grego e o enxeñeiro militar romano; louvanza moi necesaria, porque parece que en Roma, ese oficio non estaba máis considerado que o dun simple artesán. Ora ben, segundo Vitruvio, a arquitectura é ''ciencia que se adquire pola práctica e a teoría''. O Arquitecto debe posuír numerosos coñecementos de xeometría, deseño, historia, matemáticas e óptica.
 
É o único escrito de arquitectura que nos chegou da Antigüidade, e os arquitectos do [[Renacemento]] como os italianos [[Sebastiano Serlio]] e [[Andrea Palladio]] inspiráranse nel dabondo; mesmo usouse ata nos períodos [[Clasicismo|clasicistas]] e [[barroco]], cando [[Claude Perrault]] (1613-1688) comeza a reducir o asunto á interpretación dos seus principios.