Marlon Brando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/> (14)
Liña 43:
A súa primeira aparición no cine tívoa en [[1950]] na película ''The Men'', unha historia sobre veteranos de guerra convertidos en minusválidos. Fiel ao seu método de analizar as personaxes que interpretaba para actuar en consonancia con eles, Brando pasou un mes nun hospital militar para preparar o seu papel. Nos primeiros anos no cine, Brando manifestou unha falta de interese total polas convencións da industria cinematográfica, actuando segundo o seu propio criterio. Con iso influíu a outros actores como [[James Dean]], [[Paul Newman]], e máis tarde tamén [[Robert De Niro]].
 
Brando tivo un éxito moito maior cando actuou na película de [[1951]] ''Un tranvía chamado desexo'', baseada na obra teatral que xa interpretara. Foi nomeado ao [[Premios OscarÓscar|OscarÓscar]] como mellor actor principal por esta película, e os tres anos seguintes recibiu outras tantos nomeamentos pola súa actuación en ''Viva Zapata'', ''Xulio César'' e ''[[A lei do silencio]]''. Por esta última película Brando gañou o Oscar.
 
En base a estes éxitos, a carreira de Brando seguiu en ascenso. Nos anos seguintes interveu en varias películas de xéneros diversos, incluída a comedia, como en ''A casa de té da lúa de agosto'', na que dá vida a un xaponés que fai de intérprete para as forzas de ocupación americanas. Con todo, ao final dos [[AnosDécada de 1950|anos cincuenta]] as súas interpretacións comezaron a decaer. Brando parecía perder a súa forza expresiva e as pautas que el mesmo establecera para o seu traballo e que lle deron tan bo resultado.
 
Nos [[AnosDécada de 1960|anos sesenta]] a carreira de Brando decayó aínda máis. As súas actuacións careceron de toda inspiración, como en ''O motín da Bounty'' e outras películas nas que interveu. A pesar de que conservaba o seu prestixio das primeiras películas, a súa popularidade alcanzara un punto mínimo. Tampouco os produtores e os directores confiaban nel, debido ás súas interpretacións mediocres e á súa condición de actor difícil.
 
As cousas cambiaron para Brando cando se lle presentou a oportunidade de interpretar ao xefe dunha familia mafiosa en ''[[TheO Godfatherpadriño]]'' (''The Godfather''). Foi Brando quen insistiu en que se fixese unha proba filmada do personaxe interpretado por el, e ocupouse persoalmente da maquillaxe. O director [[Francis Ford Coppola]] quedou impresionado por Brando caracterizado como [[Vito Corleone]] e tivo que loitar por convencer aos produtores para que aceptasen a Brando para este papel.
 
Por esa interpretación Brando conseguiu o seu segundo [[OscarPremios Óscar|Óscar]]. Nesta ocasión Brando rexeitou o Óscar, o cal ocorreu por segunda vez na historia de [[Hollywood]] (a primeira vez rexeitouna o actor [[George C. Scott]]). En lugar de recoller o premio, Brando enviou á cerimonia a unha actriz [[Estados Unidos de América|estadounidense]] de orixe [[india]], que se manifestou en contra do tratamento que recibía o seu pobo nas películas de Hollywood.
 
Desde entón a traxectoria de Brando foi moi irregular. Apareceu nalgunhas boas películas, e tamén noutras de pouca relevancia. Interesante foi o seu caracterización como [[Tomás de Torquemada]] en [[Cristovo Colón, o Descubrimento]]. Seguiu sendo considerado acomo un grande actor, polo que interveu tamén en películas nas que apareceu só uns poucos minutos.