Humphrey Bogart: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 48:
En [[1934]] o produtor Arthur Hopkins descubriu a Bogart para o gran público. Bogart actuaba nunha obra titulada ''Invitation to a Murder''. Hopkins viuno esa noite e cando empezou a produción de ''The Petrified Forest'', unha obra teatral de [[Robert Sherwood]], contratouno. ''The Petrified Forest'' acadou as 197 representacións en Nova York. Bogart interpretaba ó asasino Duke Mantee. Seica, durante a súa primeira conversa con Arthur Hopkins, Bogart insistiu en querer un papel de gángster mentres que Hopkins o vía coma un san xogador de rugby.
 
Ademais, durante as representacións desta obra, Bogart trabou amizade con [[Leslie Howard]], quen lle prometeu que premería para que Bogart fose Duke Mantee na versión cinematográfica que preparaba a [[Warner Bros.|Warner Brothers]]. Nun primeiro momento, porén, foi contratado [[Edward G. Robinson]] pese á insistencia de Leslie Howard. Cando Robinson deixou a produción, a teimosía de Howard deu os seus froitos e Humphrey Bogart acabou conseguindo o seu primeiro papel cinematográfico.
 
=== Baixo os focos de Hollywood ===