Queixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 6 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 196:
Os datos nutricionais do queixo poden variar en función do seu contido en graxa, pero en xeral pódese dicir que é unha rica fonte de [[calcio]], [[proteína]]s, e [[Fósforo (elemento)|fósforo]]. 100 gramos de [[queixo manchego]] conteñen 21 gramos de proteínas e entre 600 e 900 miligramos de calcio. Ao tratarse basicamente de leite concentrado, fan falta 600 gramos de leite para igualar esta cantidade de proteínas, e 550 gramos para a de calcio.<ref>Datos nutricionais do queixo manchego ([http://www.ojosdelguadiana.com/propiedades.htm] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20121011003005/http://www.ojosdelguadiana.com/propiedades.htm |date=11 de outubro de 2012 }}).</ref><ref>Comparativa nutricional de produtos lácteos nun arquivo da CNN ([http://www.cnn.com/food/resources/food.for.thought/dairy/compare.dairy.html]).</ref>
 
O queixo tamén comparte co leite os seus problemas nutricionais, derivados do alto contido en graxas saturadas, consistentes en [[Triacilglicérido|triglicéridos]] e [[ácido graxo saturado]]. Este tipo de graxas inflúen moi negativamente en enfermidades cardiovasculares. O Centro da Ciencia de Interese Público sitúa ao queixo como a primeira fonte de graxa saturada nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], nos que cada habitante consome de media un 13,6&nbsp;kg ao ano. Con todo esta cantidade é bastante máis pequena que a de países europeos como [[Grecia]] (27&nbsp;kg) ou [[Francia]] (24&nbsp;kg), nos que se ten un índice relativamente baixo de enfermidades do [[corazón]]. Este feito coñécese como a [[paradoxa francesa]], e apúntase a que se poida xustificar polo alto consumo de produtos da [[dieta mediterránea]], como o [[viño tinto]] ou o [[aceite de oliva]].<ref>[http://pros.orange.fr/drobyweb/paradosp.htm O paradoxo francés] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20071012210706/http://pros.orange.fr/drobyweb/paradosp.htm |date=12 de outubro de 2007 }}.</ref>
 
Moitas axencias de todo o mundo advirten dos riscos do consumo de queixos feitos con leite fresco (non [[pasteurización|pasteurizada]]). A [[Administración de Drogas e Alimentos]] estadounidense sostén que os queixos de leite fresco poden causar enfermidades infecciosas como a [[listeriose]], [[brucelose]], [[salmonelose]], e até mesmo [[tuberculose]].<ref>[http://www.consumeraffairs.com/news04/2005/fda_cheese.html A FDA advirte sobre os riscos na saúde dos queixos de leite fresco.]</ref> Nos Estados Unidos, unha lei de [[1944]] obriga a todos os queixos de leite fresco (incluídos os importados dende 1951) a ter un curado mínimo de dous meses. Outros países non europeos tamén optaron por restrinxir legalmente o consumo destes queixos, como [[Australia]], un dos máis estritos niso, aínda que recentemente abriu excepcións cos queixos suízos [[queixo gruyère|gruyère]], [[queixo emmental|emmental]], [[queixo sbrinz|sbrinz]] e tamén co queixo [[roquefort]]. Con todo, a pasteurización do leite non é totalmente eficaz á hora de evitar estes problemas, como se pode ver nos datos de intoxicacións por consumo en Europa (onde en moitos países é legal o consumo de queixos frescos de leite non pasteurizada), e nos que a maioría de casos apuntaban a queixos pasteurizados.<ref>[http://www.specialtyfood.com/do/news/viewnewsarticle?ide=1841 Mitos dos queixos de leite fresco]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}.</ref> As precaucións co consumo de queixos han de ser maiores no caso de embarazadas, como sinalan os [[Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos]], debido ao risco de transmitir listeriose ao [[feto]].