Formación económico social: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Características: Modo de produción
m Escravitude
Liña 4:
Unha formación económico social é a combinación senlleira de [[Modo de produción|modos de produción]] e [[relacións sociais]] nun eido espazo-temporal máis ou menos amplo (por exemplo: o [[Antigo Réxime]] europeo, ou o [[Exipto]] dos [[faraón]]s). Mantén unha tensión bidireccional coa [[superestrutura (marxismo)|superestrutura]] político-ideolóxico-cultural que precisa para o seu funcionamento (é dicir, condiciónaa, non a determina, e é influído por ela). Xustifícase e lexitima pola súa correspondente [[ideoloxía]] dominante (ás veces imposta, pero sempre asumida como referente do [[consenso social]]) que actúa de lubricante das relacións sociais.
 
O concepto foi empregado orixinalmente por [[Karl Marx|Marx]] n´''O Capital''. Máis tarde foi recuperado por [[historia]]dores de orientación marxista de mediados do [[século XX]], conscientes da imposibilidade de aplicar á realidade histórica o funcionamento ideal e puro dos principais modos de produción definidos conceptualmente como [[Escravitude|escravismo]], [[feudalismo]], [[capitalismo]], [[comunismo]]. Tamén se intenta contrarrestar o determinismo económico presente na maioría das correntes marxistas onde a superestrutura atópase subordinada á "base económica".
 
Para estes historiadores, se o [[marxismo]] é a "filosofía da [[praxis]]" (tal como a definía o italiano [[Antonio Gramsci]]), non tiña sentido ningún aplicar sen máis as súas receitas sen sustento na realidade. Para outros, o intento de actualizar as teorías de Marx non é senón unha demostración da resistencia ao abandono dos [[Paradigma (ciencia)|paradigma]]s científicos cando chegan a esgotar a súa capacidade explicativa, tal como aconteceu en Astronomía coa teoría dos [[epiciclo]]s, que salvaba as aparencias para que o [[Sistema Xeocéntrico]] seguise explicando os movementos dos astros no canto de optar polo [[Sistema Heliocéntrico]], máis sinxelo e xa que logo, aplicando a [[Navalla de Occam]], con tendencia a ser máis certo.