Diferenzas entre revisións de «Gerolamo Cardano»

Desfíxose a edición 5325355 de 77.26.178.164 (conversa)
(Desfíxose a edición 5325355 de 77.26.178.164 (conversa))
Etiqueta: Desfacer
 
Cardano é hoxe coñecido polos seus múltiples intereses e as súas dúas enciclopedias de saberes, ''De subtilitate rerum'' (1550) e ''De varietate rerum'' (1559) conteñen unha ampla variedade de invencións, feitos e coñecementos que hoxe se consideran máxicos ou supersticiosos.
 
Como médico foi o primeiro en describir a [[febre tifoide]] e comentou obras de [[Galeno]] e [[Hipócrates]]. O seu ''Contradicentium medicorum'', de 1536, trata temas de discusión na medicina do século XVI e ''Liber somnorium'' é a última onirocrítica de raíces antigas e medievais, o que o converte nun texto valiosísimo citado por [[Sigmund Freud|Freud]] en ''[[A interpretación dos soños|Die Traumdeutung]]''.
'''nieves eres la mejor me quitas los puntos negros?'''
[[Sigmund Freud|Freud]] en ''[[A interpretación dos soños|Die Traumdeutung]]''.
 
Destaca polos seus traballos na [[álxebra]]. En 1539 publicou o libro de aritmética ''Practica arithmetica et mensurandi singulares''. Na súa obra ''Ars magna'' (1545) publicou as solucións ás [[ecuación de terceiro grao|ecuacións de terceiro]] e [[ecuación de cuarto grao|cuarto grao]]. A solución a un caso particular de ecuación cúbica, en notación moderna <math>x^3+ax=b</math> foille comunicada a través de [[Niccolò Fontana Tartaglia|Niccolò Fontana]] ''Tartaglia'', a quen Cardano xurara non desvelar o segredo da resolución. Porén, Cardano considerou que o xuramento acabara tras obter información doutras fontes, polo que polemizou con Tartaglia, a quen ademais cita. En realidade o achado das solucións das ecuacións cúbicas non se debe a ningún dos dous, senón a [[Scipione dal Ferro]] contra o 1515 e hoxe recoñécese a honradez de Cardano que así o recoñecía no seu libro.
32.645

edicións