Diferenzas entre revisións de «Camilo Bargiela»

→‎Traxectoria: retiro afirmación sen referenciar
(→‎Traxectoria: retiro afirmación sen referenciar)
 
== Traxectoria ==
Estudou Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Foi o modelo de [[Alejandro Pérez Lugín]] para o personaxe de Casimiro Barcala na novela ''[[La casa de la Troya]]''. Comezou colaborando nas pubicacións de Tui ''[[La Novedad]]'' (1890), ''[[Tuy Humorístico]]'' (1898) e ''[[La Opinión (Tui)|La Opinión]]'', no que empezou a publicar por entregas a novela ''Los pavos reales'', que escribiu en Casablanca e que non chegou a rematar. Fixo a carreira diplomática, e foi cónsul de España en [[Manila]], [[Hong Kong]] e [[Casablanca]].
 
Pertenceu á [[xeración do 98]] e frecuentou os principais faladoiros literarios de Madrid. Xunto con [[Pío Baroja]], [[Ricardo Baroja]], [[Ignacio Alberti]], [[José Fluixá]], [[Jesús Fluixá]], [[Antonio Gil]] e [[José Martínez Ruíz]], asinou o manifesto da homenaxe a Mariano José de Larra o 13 de febreiro de 1901. Colaborou na revista ''[[Café con Gotas]]'' na que apareceron os seus artigos "¡Oh el amor!", "¿Tengo razón?" e "Improvisación". Publicou traballos sobre Ibsen, Hauptman, D'Annunzio e Suderman, traducións de Tolstoi, Maeterlinck, Gorki e Sienkiewicz e varios artigos filosóficos e poéticos en xornais e revistas de Madrid como ''Revista Nueva'', ''La Vida Literaria'' e ''Arte Joven''. Tamén escribiu para o xornal barcelonés ''Las Noticias''.