Salvador Dalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Infancia: arranxiño
m →‎Infancia: Diego Velázquez
Liña 40:
En [[1916]] descubriu a [[pintura contemporánea]] durante unha visita familiar a Cadaqués, onde coñeceu á familia de [[Ramón Pichot]], un artista local que viaxaba regularmente a [[París]], a capital da arte do momento.<ref name=Llongueras /> Seguindo os consellos de Pichot, o seu pai enviouno a clases de [[pintura]] co mestre Juan Núñez. Ó ano seguinte, o seu pai organizou unha exposición dos seus debuxos na casa familiar. En 1919, con catorce anos, Dalí participou nunha exposición colectiva de artistas locais no teatro municipal de [[Figueres]] e noutra en [[Barcelona]], auspiciada pola [[Universidade de Barcelona|Universidade]], na que recibiu o premio Reitor da Universidade.
 
En 1919, cando cursaba sexto de [[bacharelato]] no [[instituto Ramón Muntaner]], el e varios amigos editaron a revista mensual ''[[Studium (revista)|Studium]]'', na que había ilustracións, textos poéticos e unha serie de artigos sobre pintores coma [[Francisco de Goya|Goya]], [[Diego Velázquez|Velázquez]] ou [[Leonardo da Vinci]].<ref>{{cita web|páxina-web=VilaWEb. Figueres|data=30 de xuño de 2012|lingua=ca|título=Reediten la revista Studium en què va col·laborar Dalí amb 15 anys|dataarquivo=30 de xuño de 2012|urlmorta=si|urlarquivo=https://archive.today/20120630024323/http://www.vilaweb.cat/noticia/795725/20040112/noticia.html|url=http://www.vilaweb.cat/www/noticia?p_idcmp=795725|trad-título=Reeditan a revista Studium na que colaborou Dalí ós 15 anos|data-acceso=13 de maio de 2013}}</ref>
 
En febreiro de [[1921]] a súa nai morreu a consecuencia dun [[cancro de útero]], cando Dalí tiña 16 anos. Sobre a morte da súa nai diría máis tarde que foi «o golpe máis forte que recibín na miña vida. Adorábaa. Non podía resignarme á perda do ser con quen contaba para facer invisibles as inevitables manchas da miña alma...».<ref>Dalí, ''Secret Life'', pp. 152–153.</ref> Trala súa morte, o pai de Dalí contraeu matrimonio coa irmá da súa esposa falecida. Dalí nunca aprobou este feito.<ref name=Llongueras />