Diferenzas entre revisións de «María Ramallo»

sen resumo de edición
Licenciada en [[Dereito]] pola [[Universidade Complutense de Madrid]], ingresou no [[Partido Popular de Galicia|Partido Popular]], formación coa que optou como concelleira ás [[Eleccións Municipais 1995 en Galicia|eleccións locais de 1995]] polo concello de [[Marín]]. Foi elixida concelleira e designada para a área de Facenda. En [[Eleccións Municipais 1995 en Galicia|1999]] non repite como concelleira e comeza a traballar na [[Delegación do Goberno]] en [[Galicia]] primeiro, e logo na [[Xunta de Galicia]] como asesora xurídica, sempre contratada por administracións do [[Partido Popular]].
[[Ficheiro:Eleccións Congreso de España novembro de 2019 PP Pontevedra.jpg|miniatura|Papeleta do PP nas [[Eleccións xerais de España de novembro de 2019]].]]
Nas [[Eleccións Municipais 2003 en Galicia|eleccións locais de 2003]] saíu elixida de novo concelleira e pasou a ocupar o posto de asistente do voceiro popular e posteriormente voceira ela mesma na oposición. En [[2008]] concorreu nas listas do PP ás [[Eleccións xerais de España de 2008|eleccións xerais]] e saíu escollida deputada pola [[provincia de Pontevedra]]. En [[2009]] concorreu nas listas do PP ás [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009|eleccións galegas]] onde sae escollida [[Parlamento de Galicia|deputada autonómica]].
 
O presidente [[Alberto Núñez Feijóo]] nomeouna presidenta da Autoridade Portuaria de Marín, e [[Eleccións Municipais 2011 en Galicia|dous anos máis tarde]] preséntasepresentouse ácomo cabeza dade lista do Partido Popular ás [[eleccións municipais en Marín]], onde obténobtivo a maioría absoluta dos concelleiros, bordeando a metade dos votos emitidos (49,8%) e conseguindo uns resultados históricos para o PP nese concello.
 
Nas [[Eleccións xerais de España de novembro de 2019]] foi de cabeza de lista do PP pola [[Provincia de Pontevedra]], obtendo, de novo, un escano no [[Congreso dos Deputados]].
 
== Véxase tamén ==
203.808

edicións