Joaquín Arias Sanjurjo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 8:
Fillo de Antonio Arias Armesto e Efigenia Sanjurjo Pardiñas. Licenciouse en Dereito pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] e foi un intelectual preocupado polos problemas do campo. En [[1887]] encargouse da dirección do xornal ''[[Gaceta de Galicia]]'' por un breve período<ref>''[[Gaceta de Galicia]]'', 2-5-1887, p. 2.</ref>. Instalado en [[Ferreira de Pantón, Pantón|Ferreira de Pantón]], foi elixido presidente do Comité Republicano de [[Monforte de Lemos]] en 1903<ref>''[[El Regional]]'', 30-10-1903, p. 2.</ref>. Presidente da Sociedad de Agricultores del Ayuntamiento de Monforte, interveu nas Asembleas de Monforte e en [[Solidaridad Gallega]]. En 1909 presentouse como candidato nas eleccións á Deputación Provincial con [[Juan Golpe]] e [[Casares Quiroga]] e foi o único solidario que conseguiu a vitoria, sendo elixido polo distrito Monforte-Quiroga na [[Deputación de Lugo]]. Ao finalizar a súa etapa de deputado escribiu un ''Manifiesto'' en contra das deputacións provinciais, en particular contra a de Lugo. En 1915 colaborou coa revista ''España'' de Madrid, de orientación melquiadista. En 1918, despois da presentación dos candidatos galeguistas próximos á Lliga catalá, escribiu un novo ''Manifiesto a las sociedades de labradores de Galicia y a los regionalistas de raza y abolengo gallego que no se hallen alquilados a la plutocracia barcelonesa o alistados en las clientelas de las oligarquías seudopolíticas de Madrid''. Nos anos vinte volveu instalarse en [[Santiago de Compostela]]. Na [[Segunda República Española|Segunda República]] foi elixido Vicepresidente do Centro [[Partido Republicano Radical|Radical Republicano]] de Santiago de Compostela en 1932<ref>''[[El Compostelano]]'', 23-5-1932, p. 2.</ref> e concelleiro e tenente de alcalde do concello de Santiago (1934-1935)<ref>''El Compostelano'', 19-11-1934, p. 1.</ref>. Publicou numerosos artigos que recolleu coa denominación xeral de ''Papeletas'' e ''Papeletas cervantinas'', e outros relacionados coa historia de Galicia, mosteiros e vías romanas. Colaborou en ''[[El Eco de Santiago]]'' e ''[[Arquivos do Seminario de Estudios Galegos]]''.
 
Foi noivo de [[Alejandra Martínez-Murguía de Castro]], filla de [[Rosalía de Castro]] e [[Manuel Murguía]]<ref>[{{Cita web |url=http://www.xenealoxia.org/linaxes/celebridades/1320-rosalia-de-castro-nai-das-letras-galegas |título=Xenealoxía Rosalía de Castro] |data-acceso=14 de maio de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131130095135/http://www.xenealoxia.org/linaxes/celebridades/1320-rosalia-de-castro-nai-das-letras-galegas |dataarquivo=30 de novembro de 2013 |urlmorta=si }}</ref>.
 
== Obras ==