Pracer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
→‎Tipos de pracer: texto traducido desde a wiki . es:Placer#Tipos_de_placer
 
Liña 4:
O '''pracer''' pode ser definido como unha sensación ou sentimento agradábel ou eufórico, que na súa forma natural se manifesta cando se sacia plenamente algunha necesidade do organismo humano: [[bebida]], no caso da [[sede]]; [[comida]], no caso da [[fame]]; descanso (sono), para a fatiga; diversión (entretemento), para o tedio, e coñecementos (científicos ou non científicos) ou cultura (diferentes tipos de arte) para a curiosidade e a [[necesidade]] de crear e desenvolver o espírito. A natureza adoita asociar a sensación de pracer con algún beneficio para a especie
e a [[Filosofía]] clasifícao entre os tipos posibles de [[felicidade]].
== Tipos de pracer ==
Hai moitos tipos de pracer ou [[satisfacción]]:
 
* O pracer [[físico]], que deriva de gozar condicións saudables relacionadas coa estimulación dos [[Órgano sensorial|órganos dos sentidos]] (as [[Relación sexual humana|relacións sexuais]] ou a inxestión de pratos suculentos de comida, por exemplo). Hai distintos tipos de pracer físico: o producido polo gusto ou pracer [[Gastronomía|gastronómico]]; o producido polo [[tacto]] (masaxe: pracer sexual) nas súas diversas manifestacións...); o pracer auditivo ([[música]]), o pracer visual (arte...), o deportivo, etcétera. Os gregos aconsellaban un pracer moderado e consideraban un vicio pernicioso calquera pracer inmoderado.
* O pracer [[Psique|psíquico]] deriva do recreo que provoca no ser humano a [[imaxinación]] e a [[fantasía]], o [[Memoria|recordo]] do agradable, o [[humor]], a [[alegría (emoción)|alegría]], a [[comprensión]] e os sentimentos de [[equilibrio interior|equilibrio]], [[paz]] e [[serenidade]], que granxean a chamada [[felicidade]]. O mero pensamento pode chegar a sentirse ditoso só coa imaxinación do bo que non se posúe nin se goza nese momento. O pracer "psíquico" é definido por [[Platón]] no seu ''[[Filebo]]'' como o maior pracer, e abarca tamén todos os praceres mentais causados ao percibir [[cultura]] ou [[arte]], ou ao crear.
* O pracer [[intelectual]], que nace ao ampliar os nosos coñecementos e arrincar segredos ao descoñecido para poder descubrir e satisfacer as nosas necesidades espirituais e intelectuais, e facer máis libre e consciente o noso actuar.
* O pracer [[xogo|lúdico]], que deriva da práctica de calquera tipo de [[xogo]] e atópase na raíz de moitos outros tipos de pracer.
* O pracer emotivo ou [[Emoción|emocional]], que deriva da [[empatía]] ao compartir o [[amor]] e o afecto da [[Familia (socioloxía)|familia]], de establecer e soster [[amizade]] cos iguais e sentirse aceptado por outros [[ser humano|seres humanos]].
* O pracer da [[contemplación]], o ser público inclúe o goce estético por calquera sentido, equilibrando criterios obxectivos e subxectivos. A observación do insólito e/ou descoñecido é tamén unha fonte de pracer: espectáculos, esculturas, edificios, pasear, viaxar, ler, etc.
 
{{Emocións}}