Estoicismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Personalidades: Arranxos varios
m Arranxiños
Liña 2:
[[Ficheiro:Paolo Monti - Servizio fotografico (Napoli, 1969) - BEIC 6353768.jpg|miniatura|[[Zenón de Citio]]. Foto [[Paolo Monti]], 1969.]]
 
O '''Estoicismo''' é unha doutrina [[Filosofía|filosófica]] que foi fundada por '''[[Zenón de Citio]]''' cara a finais do século IV a.C. dentro do [[Época Helenística|período helenístico]] (que seguiu á morte do rei macedonio [[Alexandre o Grande]]). O Estoicismo entrou en pugna coas escolas do [[Epicureísmo]] e o [[Escepticismo]].
 
Cunha forte orientación ética, os estoicos sostiveron as [[virtude]]s do autocontrol e o [[Apatía (filosofía)|desapego]], levadas ao seu extremo no ideal da [[ataraxia]], como medios para acadaren a integridade emocional e intelectual. No ideal estoico, é a liberación das paixóns a que permite ao espírito acadar a [[sabedoría]]; o logro da mesma é unha tarefa individual, e parte da tarefa do sabio é desfacerse dos conceptos e influencias que a sociedade na que vive lle inculcou. Porén, o estoico non despreza a compaña doutros homes, e a axuda aos máis necesitados é unha práctica recomendada. Os estoicos cultivaron a [[lóxica]], a [[física]], a [[política]] e sobre todo a [[ética]].
Liña 11:
Coa morte de [[Alexandre o Grande]] no ano [[-323|323 a.C.]], iniciouse o período helenístico da cultura grega, que se prolongou ata o [[século VI]] d.C. Este período caracterizouse porque as cidades gregas caeron baixo o dominio militar de grandes [[imperio]]s coma o [[Imperio Persa|Persa]] ou o [[Imperio Romano|Romano]].
 
Para o cidadán da [[Antigüidade clásica|Época Clásica]], a época inmediatamente anterior á [[ÉpocaPeríodo Helenísticahelenístico|helenística]], as [[polis]] proporcionaban un sinal de identidade e unha comunidade social e política capaz de dar sentido á súa vida. Mais a caída das polis gregas baixo a espada das diferentes forzas invasoras tivo como consecuencia a desconfianza, o desarraigamento e máis a inseguridade.
 
En resumo, a Época Helenística foi un momento de crise en que as [[ética]]s dos '''estoicos''' e os '''[[Epicureísmo|epicúreos]]''' constituíron as dúas respostas máis significativas. Ambas as dúas intentarían crear valores éticos e novas formas de convivencia. Este esforzo tería como resultado principal a aparición e extensión de que a vida [[Felicidade|feliz]] era aquela que lles permitía ás persoas acadaren a ''[[ataraxia]]'', é dicir, que o obxectivo fundamental da ética era proporcionar o autocontrol e a liberdade interior que permitisen ás persoas superaren os sufrimentos propios da existencia humana.