Cigurat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
drag
Elisardojm (conversa | contribucións)
ref
Liña 1:
[[Ficheiro:Choghazanbil2.jpg|dereita|200px|miniatura|''Dur-Untash'', ou ''Choqa zanbil'', construído no [[século -XIII|século XIII a. C.]] por ''Untash Napirisha'', é un dos cigurats mellor conservados. Está situado cerca de [[Susa]], [[Irán]].]]
 
Un '''cigurat'''<ref>{{DRAG|cigurat}}</ref> é un anexo monumental nos [[templo]]s mesopotámicos, común aos [[Sumeria|sumerios]], [[Babilonia|babilonios]] e [[Asiria|asirios]], pertencente á época do antigo [[val]] da [[Mesopotamia]] e construído en forma de pirámide terraplanada. O formato era de varios andares construídos uns sobre outros, coa diferenza de que cada andar superior ten unha [[área]] menor que a da plataforma inferior sobre a cal se asenta. As plataformas poderían ser rectangulares, ovais ou cadradas, e o seu número variaba de dous a sete. A planta adoitaba ser cadrada cuns lados de 60 ou 70 m con ángulos orientados cara aos catro puntos cardinais e unha altura de entre 15 e 30 m.
 
A función dos cigurats eran de servir de soporte icónico ás "vodas sagradas", a cerimonia de unión da divindade coa humanidade a través do rei. O mobiliario era un podio e un altar, [[Heródoto]] menciona un leito (o podio) luxoso e unha mesa (Altar) de ouro. Os cigurats levantábase no centro dos recintos sagrados ou "templo" (non era un edificio senón un conxunto deles) pero a estatua da divindade atopábase noutro edificio, unha pequena cela onde recibía os coidados dun sacerdote especializado (xa que incumplir algún ritual podía supoñer a cólera do deus que enviaría unha peste, temporal, invasores etc.) onde recibía ofrendas, estatuíñas votivas etc. A maioría dos cigurats desapareceron convertidos en outeiros de tixolos de barro, ou deixando un "negativo" en forma de tixola cadrada.