Diferenzas entre revisións de «Cigurat»

drag
m (Desfixéronse as edicións de 80.224.112.193 (conversa); cambiado á última versión feita por Elisardojm)
Etiqueta: Reversión
(drag)
[[Ficheiro:Choghazanbil2.jpg|dereita|200px|miniatura|''Dur-Untash'', ou ''Choqa zanbil'', construído no [[século -XIII|século XIII a. C.]] por ''Untash Napirisha'', é un dos cigurats mellor conservados. Está situado cerca de [[Susa]], [[Irán]].]]
 
Un '''cigurat'''{{DRAG|cigurat}} é un anexo monumental nos [[templo]]s mesopotámicos, común aos [[Sumeria|sumerios]], [[Babilonia|babilonios]] e [[Asiria|asirios]], pertencente á época do antigo [[val]] da [[Mesopotamia]] e construído en forma de pirámide terraplanada. O formato era de varios andares construídos uns sobre outros, coa diferenza de que cada andar superior ten unha [[área]] menor que a da plataforma inferior sobre a cal se asenta. As plataformas poderían ser rectangulares, ovais ou cadradas, e o seu número variaba de dous a sete. A planta adoitaba ser cadrada cuns lados de 60 ou 70 m con ángulos orientados cara aos catro puntos cardinais e unha altura de entre 15 e 30 m.
 
A función dos cigurats eran de servir de soporte icónico ás "vodas sagradas", a cerimonia de unión da divindade coa humanidade a través do rei. O mobiliario era un podio e un altar, [[Heródoto]] menciona un leito (o podio) luxoso e unha mesa (Altar) de ouro. Os cigurats levantábase no centro dos recintos sagrados ou "templo" (non era un edificio senón un conxunto deles) pero a estatua da divindade atopábase noutro edificio, unha pequena cela onde recibía os coidados dun sacerdote especializado (xa que incumplir algún ritual podía supoñer a cólera do deus que enviaría unha peste, temporal, invasores etc.) onde recibía ofrendas, estatuíñas votivas etc. A maioría dos cigurats desapareceron convertidos en outeiros de tixolos de barro, ou deixando un "negativo" en forma de tixola cadrada.
 
Aínda que os sumerios foron os que inventaron este tipo de templo, todos os demais sucesores no dominio das terras mesopotámicas seguiron a usar o cigurat como única forma de templo. Os casitas erixiron na súa capital Dur-Kurigalzu un dos cigurats mellor conservados de Babilonia. Os asirios leváronnos á súa capital, Asur, onde ergueron un cigurat a [[Enlil]] e cigurats xemelgos no templo de Anu.
 
==Notas==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
92.755

edicións