Canadá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Ligazóns
m Arranxiños
Liña 55:
O Canadá é o segundo maior país do mundo, por extensión territorial.
 
O Canadá é unha [[federación]], unha [[democracia]] parlamentaria, constituída por 10 provincias e 3 territorios. O país forma parte da [[Commonwealth de Nacións]] e a [[xefeXefe de estadoEstado|xefa de estado]] do país é a [[Reinos da Commonwealth de Nacións|raíña]] [[Isabel II do Reino Unido|Isabel II]] de [[Inglaterra]], que está representada no Canadá por un gobernador xeral. O [[Xefe de Goberno|xefe do goberno]] é o [[Primeiro ministro do Canadá|primeiro ministro]], posto ocupado actualmente por [[Justin Trudeau]]. A capital do país é [[Otava]].
 
O país obtivo súa independencia en [[1 de xullo]] de [[1867]], do Reino Unido. Esta, porén, continuou a ter o control do Ministerio do Exterior do Canadá. O Canadá obtivo independencia total en [[1931]], segundo os termos do [[Estatuto de Westminster]].
 
O Canadá é un dos países máis multiculturais do mundo. Tendo sido colonizada por [[Francia|franceses]] e [[Inglaterra|ingleses]], cerca dun terzo da poboación do Canadá posúe ascendencia [[Inglaterra|inglesa]], [[Escocia|escocesa]] ou [[Irlanda|irlandesa]]; e un cuarto da poboación do país posúe algún grao de ascendencia [[Francia|francesa]]. Os tres maiores grupos minoritarios do país son [[italia]]nos, [[Pobo alemán|alemáns]] e [[China|chineses]].
 
Os Estados Unidos son o maior parceiro económico do Canadá. Por causa da súa grande poboación e do seu maior poder económico e influencia cultural, os Estados Unidos dominan gran parte da economía e da cultura do Canadá - aínda que moitos canadenses loitan para que eles sexan os principais responsables do control da economía do seu país, e para manter a cultura canadense viva e en pé, que desde o comezo do [[século XX]] viuse asociada á cultura norteamericana.