Chuvia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 6 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 31:
 
===Aire húmido e condensación===
O aire da [[troposfera]] contén vapor de auga, a cantidade do cal se pode medir en forma de [[proporción de mestura]] (proporción da cantidade do vapor de auga respecto da cantidade de aire seco).<ref>http://glossary.ametsoc.org/wiki/Mixing_ratio</ref> Outra maneira máis común de medir o vapor de auga contida no aire é a [[humidade relativa]] relativa; é dicir, a proporción, en tanto por cento, da cantidade de vapor presente na atmosfera respecto da que esta pode soportar antes de saturarse. Cando se chega ao seu punto de saturación (100% de humidade relativa), o vapor de auga [[Condensación|condénsase]] en forma de auga líquida, formando [[nube]]s ou [[néboa]], sempre que haxa a presenza de [[Núcleo de condensación da nube|núcleos de condensación]] ([[po (materia)|po]], [[pole]]s, [[aerosol]]s...), unhas partículas microscópicas extraordinariamente abundantes na [[Atmosfera terrestre|atmosfera]].
 
O vapor de auga que pode conter a atmosfera antes de saturarse depende, basicamente, da [[presión atmosférica]] e da [[temperatura]]. En xeral, dada unha determinada presión atmosférica, o aire admite máis vapor canto máis alta é a temperatura. Por tanto, un dos camiños que pode levar á saturación do aire é o arrefriado.