Imperio Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Coroa de Aragón: Carlos II de España
Liña 642:
Tras entrar en guerra a coroa con Francia en [[1635]], o envío dos [[terzo]]s sobre Cataluña xerou graves conflitos, que desencadearon a [[guerra dos Segadores]] en [[1640]]. A Generalitat de Cataluña, tratando de dominar a sublevación popular, declara a formación dunha República catalá, pero, ante a imposibilidade de mantela, nomea a [[Luís XIII de Francia]] [[conde de Barcelona]]. O conflito terminou coa [[Paz dos Pireneos]] ([[1659]]), pola cal o [[condado do Rosellón]] e a metade norte do [[condado da Cerdaña]] pasaban para sempre a dominio francés e Francia devolvía a España a Cataluña do sur dos Pireneos. Filipe IV non tomou ningunha represalia ante a traizón catalá. A finais do século, en [[1693]], estalaría tamén en Valencia a segunda xermanía, un alzamento campesiño e antiseñorial ao redor da partición das colleitas.
 
Tras o reinado de [[Carlos II de España|Carlos II]], a [[guerra de Sucesión Española]] dividiu o país. A antiga Coroa de Aragón foi partidaria do [[Carlos VI de Alemaña|Arquiduque Carlos de Austria]], cuxa derrota carrexaría a supresión das súas institucións e foros e a extensión da organización administrativa do Reino de Castela polos [[Decretos de Nueva Planta]].
 
== Poboación e ordenamento xurídico ==