Sada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ref
m →‎Industria téxtil: Carlos II de España
Liña 68:
Na primeira etapa, entre [[1674]] e [[1762]], instaláronse fábricas téxtiles de varios tipos, todas elas promovidas polos [[Flandres|flamengos]] Baltasar de Roo e Adrián Kiel, que chegaran a Galicia exiliados do seu país natal.
No [[1674]] fundarían a fábrica de enxarcia e lona que, asemade, había ser a máis duradeira. Comezaron empregando maioritariamente a persoal especializado de orixe flamenga, mais pronto incorporarían a boa parte da poboación sadense, ata o punto de abandonárense en boa medida as tradicionais actividades pesqueiras. A gran maioría dos habitantes da vila e das parroquias lindeiras traballaban na industria, aínda que os cargos de responsabilidade os seguían a ocupar os flamengos. A fábrica provía das pertinentes teas e cordeis á Real Armada, polo que recibiu numerosos privilexios do rei [[Carlos II de España|Carlos II]]. Co obxecto de garantir a súa seguridade ergueríanse as baterías defensivas de Fontán primeiro e Corbeiroa despois. Esta puxanza quebraría á morte dos fundadores, a de Roo en circunstancias violentas, pois os seus descendentes non terían capacidades nin entendemento entre si para continuar á fronte. Así, a fábrica remataría abandonada ata que a propia Coroa se fixo cargo dela, xa coma ''Real Fábrica de Jarcia y Lona'', revitalizándoa en gran medida. Non obstante, no [[1762]] sería trasladada a [[Ferrol]], nunha ría máis pechada e, xa que logo, máis defendible ante un ataque marítimo.
 
Aproveitando a puxanza da fábrica de enxarcia e lona, Roo e Kiel puxeran adiante no século XVII outras dúas empresas similares. En primeiro lugar, no [[1674]] fundarían unha fábrica de mantelería e lenzos, provedora da Casa Real, introducindo así o cultivo do liño en [[Galicia]]{{Cómpre referencia}}. Once anos despois emprenderían o terceiro reto, a fábrica de panos, confeccionando produtos de excelente calidade. Tanto que espertaron as iras dos ingleses, que vían perigar a súa oligarquía comercial neste sector. No [[1713]], coa morte de Roo, pechaba esta última fábrica, e no [[1725]], a de mantelería era trasladada á [[A Coruña|Coruña]].