Berengario I de Italia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m →‎Emperador: arranxiño
Liña 45:
 
=== Emperador ===
En xaneiro de 915, o papa [[Xoán X, papa|Xoán X]] intentou establecer unha alianza entre Berengario e os nobres italianos coa esperanza de enfrontarse á ameaza dos [[sarracenos]] no sur de Italia. Berengario non foi quen de enviar tropas, pero despois da [[batalla de Garigliano]], onde foron derrotados os sarracenos, Xoán XXX coroou a Berengario emperador en Roma o mesmo mes de decembro dese mesmo ano. Berengario tivo que volver inmediatamente ao norte, onde Friúl aínda estaba baixo a ameaza dos húngaros.
 
Como emperador, Berengario quixo intervir en asuntos fóra do [[Reino de Italia (Regnum Italiae)|reino de Italia]]. Mesmo participou nunha elección episcopal da [[diocese de Lieja]]. Tras a morte do bispo Estevo en [[920]], Herman I, arcebispo de Colonia, que representaba os intereses xermánicos no [[Ducado de Lotarinxia]], intentou impor ao seu candidato, Hilduíno, como sucesor. Opúxose [[Carlos III de Francia]], que convenceu ao papa [[Xoán X, papa|Xoán X]] para axcomungar a Hilduíno. Naquel momento, Richer, outro monxe, foi elixido co apoio do Papa e do emperador.
Liña 54:
 
Descontentos co emperador, que cesara a súa política de privilexios e alianzas entre as familias a favor do pago a mercenarios húngaros, algúns nobres italianos, dirixidos por Adalberto e moitos bispos, ofreceron o trono a [[Rodolfo II da Alta Borgoña]]. o ano [[921]]. Mesmo [[Berengario de Ivrea]], neto do emperador, se sublevou incitado por Rodolfo. Entón, Berengario retirouse a [[Verona]] e permitiu ás súas tropas, formadas por húngaros, saquear o país. Xoán, bispo de Pavía, entregoulle a cidade a Rodolfo ao [[922]] e foi saqueado polos húngaros. O 29 de xullo de [[923]], as tropas de Rodolfo, Adalberto e Berengario de Ivrea atopáronse coas de Berengario preto de [[Piacenza]] e derrotáronas na [[batalla de Fiorenzuola]]. A batalla foi decisiva e Berengario foi destronado de facto e substituído por Rodolfo. Pouco despois Berengario morreu asasinado por un dos seus propios homes, probabelmente instigado por Rodolfo. {{Commonscat}}
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===