Anatomía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*diseccionar: eliminar formas dun verbo que non é tal
Liña 12:
=== Idade de Bronce ===
 
Na [[Idade de Bronce]], a anatomía tivo un grande impacto especialmente en Asia, e máis concretamente no subcontinente indio. A [[India]] foi a principal fonte de coñecementos anatómicos para todas as escolas de ensino da antiga ciencia médica e, co paso do tempo, empezando a transmitir as súas ensinanzas á [[China]], a [[Oriente Medio]] e [[África]]. Na India, ó redor do [[século III]] aC, apareceu o ''Charaka Samhita'', o rexistro escrito máis antigo de medicina interna, que foi escrito por [[Charaka]], o grande impulsor da medicina da India ou [[AyurvedaĀyurveda]]. Desenvolveu a cirurxía reconstruciva, foi antecesor e mestre do lendario [[Shusruta]] e realizou exploracións anatómicas topográficas en cadáveres humanos, sobre todo das estruturas. Foi o primeiro en descubrir a existencia do [[aparello circulatorio]]. Charaka estableceu un método para a prevención da saúde, aínda funcional hoxe en día, polo cal é tamén considerado a escala mundial como un dos iniciadores da medicina preventiva, a cirurxía plástica e a medicina interna. Á súa vez, Charaka foi o primeiro en crear máis de 113 instrumentos cirúrxicos, e até hoxe en día algúns dos seus deseños seguen sendo empregados na práctica cirúrxica.
 
=== Idade de Ferro ===