Botánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
DRAG
Liña 3:
{{wikificar}}
[[Ficheiro:Myris fragr Fr 080112-3294 ltn.jpg|miniatura|300px|Froito de ''[[Myristica fragrans]]'', unha especie nativa [[Indonesia]], é a fonte dunha especie moi valiosa, a [[noz moscada]].]]
A '''botánica''', (do [[lingua grega|grego]] βοτάνη = herba) ou '''fitoloxía''' (do grego φυτόν = planta e λόγος = tratado), é unha rama da [[bioloxía]] e é a [[ciencia]] que se ocupa do estudo das [[planta]]s.<ref>{{DRAG|botánica}}</ref> O concepto de [[vexetal]], que estaba claro en tempos de [[Aristóteles]], quedou esvaecido polo avance do coñecemento, chegándose a definir como ''todo aquilo que estuda a botánica''. Na práctica, os botánicos estudan as [[planta]]s, as [[alga]]s e os [[Fungo (bioloxía)|fungos]]. No campo da botánica, hai que distinguir entre a botánica pura, cuxo obxecto é ampliar o coñecemento da [[natureza]]; e a botánica aplicada, cuxas investigacións están ao servizo da tecnoloxía agraria, forestal, farmacéutica etc.
 
A botánica cobre un amplo abano de contidos, que inclúen aspectos específicos propios dos vexetais; das disciplinas biolóxicas que se ocupan da composición química ([[fitoquímica]]); a organización celular ([[citoloxía vexetal]]) e tisular ([[histoloxía vexetal]]); do [[metabolismo]] e o funcionamento orgánico ([[fisioloxía vexetal]]), do [[crecemento]] e o [[morfoxénese|desenvolvemento]]; da morfoloxía ([[fitografía]]); da [[reprodución]]; da herdanza ([[xenética]] vexetal); das enfermidades ([[fitopatoloxía]]); das adaptacións ao ambiente ([[ecoloxía]]), da distribución xeográfica ([[fitoxeografía]] ou [[xeobotánica]]); dos fósiles ([[paleobotánica]]) e da [[Evolución biolóxica|evolución]].