Leonor de Aquitania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
A táboa de devanceiros estaba en inglés
Anox (conversa | contribucións)
Liña 40:
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Nada no [[1122]], Leonor foi descendente dos nobres gobernantes do gran territorio de [[Aquitania]], situado ó sur de [[Francia]]. A pequena Leonor, creceu baixo o amparo de titores que a dotaron do amor polas belas artes e de inmediato mostrou dotes para a música e as linguas<ref>Libro: Mis Favoritos. Autor: Juan Antonio Cebrián. Editorial: La esfera de los libros. Páxinas: 69-72. Capítulo: Leonor de Aquitania</ref>.
 
Os quince anos, finou o seu pai [[Guillerme X, duque de Aquitania|Guillerme X de Poitiers]] e Leonor herdou o ducado de [[Aquitania]], moi ansiado por Francia. A causa disto, a solución máis razoable foi a de ligar ambas as liñaxes e quedou deste xeito ligado o futuro de Leonor ó do futuro [[Luís VII de Francia]]. A voda tivo lugar o [[25 de xullo]] de [[1137]] en [[Bordeos]] e como era de costume na época, as celebracións duraron varios días. A parella estivo no palacio de l'Ombrière, preto de Burdeos ata a súa partida á [[París]]. A noite de vodas, os noivos foron coroados duques de Aquitania na [[catedral de Saint Pierre de Poitiers]].<ref>Mascureau, ''in'' Labande, p 122</ref>. Nese mesmo ano ascenderon ó trono francés, tras a morte do rei [[Luís VI de Francia|Luís VI]].
Liña 54:
 
=== Raíña de Inglaterra ===
[[Ficheiro:EleanorAkvitanie1068.jpg|miniatura|dereita|Anverso do selo de Leonor no que se le ''Leonor, pola graza de Deus, Raíña dos Ingleses, Duquesa dos Normandos''. No reverso, a lenda di ''Leonor, Duquesa de Aquitania e Condesa dos Anxevinos''.<ref name="Seward">Bonnie Wheeler & John Carmi Parsons, eds. (2003): ''Eleanor of Aquitaine. Lord and Lady''. London: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-1370-5262-9.</ref>.]]
O [[18 de maio]] de [[1152]], Leonor casou na catedral de Santo Andrés de Burdeos, co que sería o rei [[Henrique II de Inglaterra]], unindo os seus dominios en [[Francia]] cos que xa posuía o seu novo marido ([[Anjou]], [[Maine, Francia|Maine]] e [[Normandía]] alén de [[Inglaterra]] e [[Gales]]). Deste xeito formábase o chamado Imperio Anxevinoanxevino, no cal os reis de Inglaterra sendo vasalos do rei de Francia, controlaban un territorio oito veces maior ó controlado por [[Luís VII de Francia|Luís VII]].
 
Deste matrimonio naceron oito fillos, cinco homes e tres mulleres. Na súa corte, establecida principalmente en [[Poitiers]], tivo un grande auxe a literatura cabaleiresca, sendo mecenas de moitos trobadores. A existencia dunha amante do seu marido, provocou o enfrontamento entre Leonor e Henrique, e a partir de [[1173]], Leonor promoveu a rebelión de tres dos fillos do rei contra o seu pai. Tras reprimir a rebelión, Henrique encarcerou a Leonor, primeiro en [[Chinon]] e máis tarde en [[Salisbury]], onde permaneceu en arresto ata a morte de Henrique en [[1189]].
 
=== Viúva ===
Á morte de [[Henrique II de Inglaterra]] o [[6 de xullo]] de [[1189]], Leonor foi liberada por orde do novo rei, o seu fillo [[Ricardo I de Inglaterra|Ricardo Corazón de León]]. Viaxou por toda [[Inglaterra]] e liberou os prisioneiros do antigo rei ós que mandou xurar fidelidade a [[Ricardo I de Inglaterra|Ricardo]]. Ela gobernou no seu nome ata comezos de [[1191]]<ref>Labande,p. 96</ref>. Cando Ricardo partiu á [[Terra Santa]] durante a [[Terceira Cruzada]], Leonor vai buscar a [[Berenguela de Navarra]] e condúcea, en pleno inverno, ata [[Messine]], onde Ricardo se dirixía para partir cara a [[Terra Santa]]<ref>Labande, p. 96-98</ref>. Acadárono o [[30 de marzo]] e a voda celebrouse o [[16 de maio]].
 
Cando [[Ricardo Corazón de León]] volvía da cruzada, foi capturado en [[Austria]]. Leonor, indignada pola falta de reacción por parte do Papa (quen protexía normalmente os cruzados), escríbelle para recriminarlle a súa actitude e pedirlle axuda para rescatar o seu fillo. Ela mesma foi quen entregou o rescate a [[Henrique VI do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique VI]], fillo de [[Federico I Barbarroxa]] no inverno de [[1193]].<ref>Labande, p. 100-104</ref>.
 
No [[1200]], con oitenta anos, da mostras dunha gran fortaleza cando decide viaxar cara a [[Reino de Castela|Castela]], cruzando os [[Pireneos]] para escoller entre as súas netas, as infantas de Castela - fillas da súa filla Leonor e de [[Afonso VIII de Castela]]- a que sería a esposa do fillo de [[Filipe II de Francia]], o futuro [[Luís VIII de Francia|Luís VIII]]. A escollida foi [[Branca de Castela|Branca]], unha das máis célebres raíñas de [[Francia]], rexente do reino en tres ocasións e modelo de virtude e habilidade política.
 
Leonor de Aquitania, finou o [[1 de abril]] de [[1204]] en [[Fontevrault]] ós 82 anos,. sendoFoi sepultada alí mesmo co seu esposo [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II]] e co seu fillo [[Ricardo I de Inglaterra|Ricardo Corazón de León]].
 
== Notas ==
Liña 75:
 
=== Bibliografía ===
* Bernard, Katy (2015): ''Aliénor d'Aquitaine''. Bordeaux: Éditions Confluences. ISBN 978-2-3552-7147-2.
* Duby, Georges (1996): ''Leonor de Aquitania, María Magdalena''. Madrid: Alianza Editorial, S. A. Col. Alianza cien, nº 99. ISBN 84-2064-699-7.
* Flori, Jean (2005): ''Leonor de Aquitania. La reina rebelde''. Barcelona: Edhasa. ISBN 978-84-3502-675-8.