Wikipedia:Wikimalla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Evolución do número de artigos na categoría Sen formato wiki: O palleiro está feito, e aínda que a tarefa non se deu rematado, o esforzo pagou moito a pena. Grazas a todos!!
Elisardojm (conversa | contribucións)
 
Liña 149:
|}
Nota: Na semana cada un temos que amañar 20 artigos, iso quere dicir que hai que amañar tres artigos ó día. Podes poñer nesta táboa o número de artigos que vaias amañando cada día, se ese día amañas máis de dous podes cambiarlle a cor de fondo. Para facer iso tes que editar a táboa, e na cela que queiras actualizar, cambia o texto "lightblue" por "lightgreen".
 
== Resultado==
Este ano a tarefa era complicada, amañar os problemas de máis de 1000 artigos non é moco de pavo, pero co esforzo dos participantes amañamos uns 176 artigos, cousa que non está mal.
 
Penso que a tarefa non era pesada se se facía día a día, case calquera usuario podía amañar tres artigos ó día sen que iso fixera que as súas tarefas habituais se resentiran. Penso que esa é a filosofía que debe manter esta actividade, animar á xente a facer un pouco de traballo de mantemento de forma diaria durante un pequeno período de tempo, tentando xuntar o maior número de xente posible. Temos que decatarnos entre todas e todos que as tarefas de mantemento do proxecto tamén temos que facelas entre todos, podemos telas aparcadas durante un tempo, pero non podemos deixalas aí eternamente porque se seguen aumentando, ó final serán un problema, un problema de calidade xeral da Galipedia.
 
Espero que para próximas edicións máis xente se anime, se conseguísemos os 50 editores que se precisaban, estou case seguro que a tarefa estaría rematada. Agora mesmo acabo de pensar que incluso podería estar ben dar algún tipo de incentivo material, xa que a xente ten que facer unha tarefa que non lle agrada moito, que polo menos poida ter a posibilidade de conseguir algún pequeno agasallo a cambio. Quizais podería pensarse nisto como posibilidade de inversión de parte do premio da Galipedia que aínda está pendente de gastar.
 
Eu pola miña parte recoñezo que na finde non tiven tempo de traballar na Galipedia, e algún outro día, pero dende estas liñas comprométome a rematar a miña tarefa nos vindeiros días.
 
Moitas grazas a todos os que colaboraron na Wikimalla e a ver se o ano que ven conseguimos máis malladoras e malladores!! Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 2 de decembro de 2019 ás 01:09 (UTC)
 
== Edicións anteriores ==