Daodejing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m →‎Orixes: ligazóns
Liña 12:
== Orixes ==
[[Ficheiro:Representation_of_Laozi.PNG|miniatura|esquerda|[[Lao Zi]]]]
Como a maior parte das figuras mitolóxicas dos fundadores de relixións , a vida do escritor do Tao Te Ching , [[Lao Zi]] está envolta en lendas. Segundo a tradición, Lao Zi naceu no sur da [[China]] arredor de [[-604|604 a.C]] sendo superintendente xudicial dos arquivos imperiais en Loyang, capital do estado de Ch'u. Desgustado polas intrigas da vida na corte, Lao Zi decidiu afastarse da sociedade, indo para as Terras do Oeste. Montado nunha carroza guiada por un boi ,seguiu viaxe, mais ao atravesar a fronteira, un dos seus amigos, o policía Yin-hsi, recoñeceuno e pediulle que escribise os seus ensinos antes de partir. Lao Zi entón escribiu o pequeno libro coñecido posteriormente como o Tao Te Ching , e partiu deseguida. Segundo a historia, morreu en [[-517|517 a.C]].
 
Os máis recentes estudos apuntan a que o Tao Te Ching foi escrito por Lao Zi entre [[-460|460 a.C.]] e [[-380|380 a.C.]] Algunhas lendas din que o Tao Te Ching estaba gravado nunha serie de regras de bambú. O texto ía pasando dunha regra para outra e, como entrementres se barallaron, ninguén sabe hoxe a súa orde exacta.
 
Este libro non orixinou o Taoísmo nin o concepto de [[Tao]] pois xa eran de uso corrente antes da escrita do libro. Mais serviu como obra de apoio para as relixións que adherían á idea do Tao (Camiño) como a base da existencia de todas as cousas.