Diocleciano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
{{Biografía}}
{{Ortografía}}
'''CaiusGaius Aurelius Diocles Diocletianus''', nado en [[Dalmacia]] en [[244]] e finado en [[311]], foi un [[Lista de emperadores romanos|emperador romano]], un dos [[augusto]]s da [[Primeira Tetrarquía]]. Rematou coa [[Crise do Século III]] ([[235]]-[[284]]) establecendo un goberno autocrático que sentou os alicerces da segunda fase do [[Imperio Romano]], coñecida como [[Dominado]] (fronte ao [[Principado]] anterior). As reformas de Diocleciano contribuíron para garantir que o imperio perdurase durante varios séculos.
 
== Traxectoria ==
Diocles naceu, probablemente, en [[Salona]], [[Dalmacia]], cara ao ano 244.<ref>Barnes (1982), p. 36, 46</ref> Os estudosos non se poñen de acordo sobre o nome orixinal que puido ser '''Διοκλής''' (Diocles), ou quizais Diocles Valerio.<ref>Potter (2005), p. 648</ref> De baixo nível social, Diocles subiu os chanzos da carreira militar e distinguiuse baixo os emperadores [[Probo]] e [[Aureliano]] até ser nomeado [[Cónsul romano|cónsul]]. Acusado do asasinato de [[Numeriano]] en setembro de [[284]] xunto co [[prefecto]] do [[pretorio]] [[Arruis Aper]], matou a este en público e logo de vencer a [[Carino]] en [[Mesia|Moesia]], tornouse o novo emperador ([[284]]). Realizou reformas profundas a fin de salvar o imperio da derrocadacaída inminente. Diocleciano tiña tres obxectivos: fortalecer o seu poder, reformar os métodos de goberno e rexenerar o exército. Para iso promoveu reformas na administración e no recrutamento militar (dobrando o número de [[Lexión Romana|lexións]]), pasou a usar [[mercenario]]s [[bárbaro]]s e transformou os servizos do exército nas fronteiras en hereditarios. Nese último caso, os soldados non pasaban de servos do Estado, obrigados a loitar a cambio dunha paga fixa e do dereito de ocupar a terra.
 
=== A diarquía ===
O poder autocrático era incompetente para gobernar e defender o inmenso imperio e varias provincias tentaban se liberarliberarse e vivir baixo o goberno de emperadores propios. Dada a complexidade dos problemas políticos e administrativos derivados da extensión do Imperio Romano, benasí como a necesidade dun sistema organizado para a sucesión dos emperadores, xulgou Diocleciano que a forma de resolver esas cuestións sería dividir de feito (xuridicamente continuaba sendo un) o Imperio Romano en ''pars Orientis'' e ''pars Occidentis''. O control da rexión occidental (''pars Occidentis'') foi transferido para Maximiliano, un xeneral da súa confianza. Reservando a rexión oriental (''pars Orientis'') para si, Diocleciano non dividiu propiamente o poder co seu compañeiro de armas Maximiliano, pois, na realidade, Diocleciano estaba colocado en posición superior á de Maximiliano. A partir de aí, o Imperio pasou a ter dos [[Augusto]]s (''augustus''), cada cal con exército, administración e capital propios, aínda que Diocleciano continuase a ser o xefe do Estado, representando a unidade do mundo romano. Ese sistema ficou coñecido como '''[[diarquía]]'''.
 
=== A tetrarquía ===
Posteriormente, o Imperio foi dividido en 101 provincias, agrupadas en doce dioceses reunidas en catro prefecturas. Apartir de entón pasaron a existir catro emperadores, dous deles co título de Augusto e dous co título de César (''caesar''). Eses eran xefes militares capaces de gobernar e protexer o imperio, adoptados como fillos polos Augustos, a quen sucederían en caso de morte, incapacidade provocada pola vellez ou despois de vinte anos dos seus gobernos. Os césares, lugar-tenentes dos Augustos, tamén posuían capital, exército e administración propios. A esa organización dáselle o nome de '''[[tetrarquía]]''', pois hai dos Augustos e dous Césares.
 
=== O Dominado ===
Diocleciano instaurou o [[Dominato]], ou sexa, unha monarquía despótica e militar, de tipo helenístico. Baixo a influencia de ideas orientais, o ''Princeps'' converteuse en ''Dominus'', isto é, en amo ou gobernante absoluto á fronte dunha gran burocracia. O emperador tornábase "señor e deus" e tódolos que eran admitidos na súa presenza eran obrigados a axeonllarse e beixar a punta do manto real. Extinguiuse, con iso, o [[principado romano|principado]]: os civís foran derrotados polos militares. Paradoxalmente, a reforma de Diocleciano, continuada polos seus sucesores, ao mesmo tempo que garantiu a estabilidade do Imperio por máis de dous séculos, acentuou aínda máis a crise estrutural do Imperio Romano.
 
Ao aumentar a máquina administrativa e militar do Estado, que consumía recursos inmensos, aumentaba, consecuentemente, a espoliación dos súbditos a través da cobranza de altos impostos. Unha das formas atopadas polas masas populares para fuxir dos pagamentos dos tributos era a mudanza de domicilio e ocupación. A xeneralización dese proceso levou ao autócrata Diocleciano a procurar "fixar" os agricultores, colonos ou arrendatarios sobre as terras que cultivaban, prohibíndoos deprohibíndolles abandonalas. Con esa violenta supresión da liberdade individual, o home libre da época se transformoutransformouse en servo do Estado. Xurdía a servidume. Os ideais greco-romanos dunha comunidade de cidadáns libres desapareceran. Determinou, aínda, que os traballadores urbanos deberían permanecer nas súas profesións, sen o dereito de abandonalas, debendo transmitilas aos descendentes, en carácter obrigatorio. Instituíase, dese modo, un sistema de castas ata entón descoñecido en Roma, co nítido obxectivo de manter estacionaria e inmobilizada a estrutura económica do Imperio. Os cidadáns transformaranse en súbditos dun déspota, servindo aos intereses do Estado. Creou tamén, empresas estatais monopolistas, incentivando a compra de materias primas para garantir o aprovisionamento do exército. Con Diocleciano, o dirixismo estatal alcanzou seu punto máis elevado.
 
Diocleciano procurou conter a alta dos prezos e salarios co '''[[Edicto Máximo]]''' ([[301]]). O "conxelamento" da economía acabou fracasando.
 
Diocleciano rehabilitou as vellas tradicións, incentivando o culto dos deuses antigos. Emprendeu a que é coñecida por algúns historiadores eclesiásticos como a penúltima grande persecución emprendida polo Imperio Romano contra o Cristianismo. Impuxo o uso do [[Lingua latina|latín]] nas provincias do Oriente. Prestixiou as leis romanas.
 
=== Morte ===
Enfermo e debilitado, conforme establecera, Diocleciano abdicou o 1 de maio de 305, converténdose no primeiro emperador romano en deixar voluntariamente o seu su cargo. Desde entonces, retirouse ao seu palacio na costa dálmata, dedicado ao coidaddocoidado dos esus xardíns e hortas. O seu palacio converteuse no núcleo orixinal da actual cidade de [[Split]] ([[Croacia]]). Morreu o 3 de decembro de 311.<ref>Barnes (1982), pp. 31-32</ref><ref>Barnes (1973), pp. 32-35</ref><ref>Barnes (1981), p. 41</ref>
 
{{Gobernante|