Erignathus barbatus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 2 fontes e etiquetando 1 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 63:
 
[[Ficheiro:Svalbard_Sample_for_Wiki.ogg|miniatura|Mostra das vocalizacións da foca barbuda gravada cun hidrófono.]]
As voalizacións desta especie son moi peculiares, posiblemente porque a súa [[traquea (vertebrados)|traquea]] é diferente da doutros fócidos do norte do Pacífico. A maioría dos aneis cartilaxinosos da súa traquea son incompletos e os seus dous extremos están unidos só por unha membrana.<ref name=":2">{{Cita web|url=https://www.boem.gov/ESPIS/0/312.pdf|title=Natural History and Ecology of the Bearded Seal, Erignathus Barbatus|last=Burns|first=John J.|date=May 1979|website=|access-date=}}{{Ligazón morta|data=novembro de 2019 }}</ref> Os seus sons consisten xeralmente un longo trilo oscilante que dura un minuto ou máis seguido dun curto e profundo xemido. Esta 'canción' adoita repetirse frecuentemente.<ref name=":2" /> O número de tipos de chamadas dunha poboación pode variar xeograficamente, e distínguense catro tipos en Svalbard e once no Ártico do Canadá Occidental. Os sons máis frecuentes son trilos vibrantes, xemidos e os chamados varridos. Un destes varridos pode ser comparado a un trilo vibrante curto.<ref name=":0">{{Cita publicación periódica|last=Risch|first=Denise|last2=Clark|first2=Christopher W.|last3=Corkeron|first3=Peter J.|last4=Elepfandt|first4=Andreas|last5=Kovacs|first5=Kit M.|last6=Lydersen|first6=Christian|last7=Stirling|first7=Ian|last8=Van Parijs|first8=Sofie M.|date=May 2007|title=Vocalizations of male bearded seals, Erignathus barbatus: classification and geographical variation|journal=Animal Behaviour|volume=73|issue=5|pages=747–762|doi=10.1016/j.anbehav.2006.06.012|issn=0003-3472}}</ref>
 
Emiten distintos trilos desde finais de marzo a finais de xuño, cun declive na ritmicidade a finais de maio e xuño. Este momento coincide coa súa estación de reprodución e crianza, que é de abril a maio. A natureza repetitiva e transmisible dos trilos da foca barbuda fixo pensar que son utilizados para a comunicación, probablemente durante o [[exhibición de cortexo|cortexo]] e reprodución.<ref name=":1">{{Cita publicación periódica|last=Cleator|first=Holly J.|last2=Stirling|first2=Ian|last3=Smith|first3=T. G.|date=5 July 1989|title=Underwater vocalizations of the bearded seal (Erignathus barbatus)|journal=Canadian Journal of Zoology|volume=67|issue=8|pages=1900–1910|doi=10.1139/z89-272|issn=0008-4301}}</ref> Os machos usan estes sons para establecer territorios de apareamento e comunicar o seu bo estado físico,<ref name=":0" /> pero é probable que as femias produzan estes sons tamén.<ref name=":1" />