Amable Veiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato
Liña 5:
Fixo os seus estudos de bacharelato en [[Lugo]] e licenciouse en [[Filoloxía Clásica]] pola [[Universidade Central]] de [[Madrid]], presentando a súa tesiña de licenciatura ''"El estilo indirecto en el libro IV de Tito Livio"'' en [[1957]].
 
Nos anos seguintes foi profesor de [[latín]] en bacharelato, catedrático da mesma materia e director no Instituto Masculino de [[Lugo]] (actualmente [[IES Lucus Augusti]]) desde o ano [[1962]]. Tres anos despois comezou a publicar na revista ''[[Grial (revista)|Grial]]'' os resultados das súas investigacións sistemáticas sobre [[fonoloxía]] da lingua galega, traballos que foron recollidos en libro en [[1976]].
 
En 1980 leu a súa tese de doutoramento (''Algunas calas en los orígenes del gallego'') na [[Universidade de Santiago de Compostela]], dirixida polo profesor [[Manuel Díaz y Díaz]], e cualificada con ''sobresaliente cum laude'', en que trataba sobre fenómenos seleccionados de fonética primitiva no galego altomedieval, estudo de grande importancia para fixar a [[fonética histórica]] do galego (caída de /n/ e /l/ intervocálicos, formación de [[ditongo]]s, tratamento evolutivo de consoantes xeminadas etc.) que realizou a partir da documentación medieval publicada entón dispoñíbel (e que era sen dúbida escasa con relación á actualidade; baste indicar que non puido case utilizar a rica documentación do [[mosteiro de Sobrado]], que pouco despois daría a luz [[José María Ramos Loscertales]]).