Termóstato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
umbral - limiar https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos
m →‎Clasificación: arranxiño
Liña 2:
{{sen referencias}}
Un '''termóstato''' é o compoñente dun sistema de control simple que abre ou pecha un [[circuito eléctrico]] en función da [[temperatura]] ambiente. Utilízase habitualmente en [[calefacción]] para acender ou apagar unha [[caldeira]] ou en [[climatización]] para arrancar ou parar un [[compresor]]. Outro exemplo podémolo atopar nos [[motores de combustión interna]],onde o termóstato controla o fluxo de [[refrixerante]] líquido que regresa ao [[radiador]] dependendo da temperatura do [[motor]].
== Clasificación ==
=== Bimetálicos ===
Consiste en dúas láminas de metal, con diferente [[coeficiente de dilatación]], que están unidas. Cando a temperatura ambiente cambia a forma da lámina tamén o fai actuando sobre uns contactos que pechan un circuito eléctrico. Poden ser [[normalmente abertos]] ou [[normalmente pechados]] cambiando o seu estado cando a temperatura alcanza o valor prefixado.