Peptidoglicano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zaosbot (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5317849 de 47.247.57.104 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O '''peptidoglicano''',<ref>{{Cita libro|título=Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés.|autor= Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo.|ano= 2010|editorial= Xunta de Galicia|páxina=133| isbn= 978-84-453-4973-1| url=https://www.cirp.es/pub/docs/cite/dicionario_bioloxia.pdf}}</ref> tamén chamado '''mureína''',<ref>{{Cita libro|título=Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés.|autor= Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo.|ano= 2010|editorial= Xunta de Galicia|páxina=119| isbn= 978-84-453-4973-1| url=https://www.cirp.es/pub/docs/cite/dicionario_bioloxia.pdf}}</ref> é un [[polímero]] formado por [[carbohidrato|azucres]] e [[aminoácido]]s que forma unha capa que rodea a [[membrana plasmática]] da maioría das [[bacteria]]s (pero non das [[arquea]]s) e que constitúe a súa [[parede celular]]. O compoñente carbohidrato do peptidoglicano é un hetero[[polisacárido]] formado por residuos alternantes dos [[monosacárido]]s [[N-acetilglicosamina|''N''-acetilglicosamina]] e [[ácido N-acetilmurámico|ácido ''N''-acetilmurámico]], unidos entre si por [[enlace glicosídico]] β-(1,4). As cadeas deste heteropolisacárido dispóñense paralelamente. Unido ao ácido ''N''-acetilmurámico está o compoñente aminoacídico, que é un [[péptido]] de tres a cinco aminoácidos. Esta cadea peptídica pode establecer enlaces cruzados cos péptidos doutras cadeas do heteropolisacárido, formando unha capa reticular tridimensional.<ref>[http://pharmaxchange.info/press/2011/03/animation-of-synthesis-of-peptidoglycan-layer/ Animation of Synthesis of Peptidoglycan Layer]</ref>
 
Algunhas [[Archaea]] teñen unha capa bastante similar pero de [[pseudopeptidoglicano]] ou [[pseudomureína]], na que os residuos de azucres están unidos por enlaces glicosídicos β-(1,3) e os azucres que a forman son a ''N''-acetilglicosamina e a [[ácido N-acetiltalosaminurónico|ácido ''N''-acetiltalosaminurónico]]. Isto explica que a parede das arqueas sexa insensible á [[lisozima]], que ataca aoo peptidoglicano.<ref>Madigan, M. T., J. M. Martinko, P. V. Dunlap, and D. P. Clark. Brock biology of microorganisms. 12th ed. San Francisco, CA: Pearson/Benjamin Cummings, 2009.</ref>
 
O peptidoglicano exerce un papel estrutural na célula bacteriana, dándolle forza estrutural, e protexéndoa da [[presión osmótica]] exercida polo [[citoplasma]]. Aínda que o peptidoglicanolle dá forza estrutural á parede, para a determinación da súa forma necesítanse tamén as proteínas [[MreB]] e [[RodZ]].<ref name="pmid11544518">{{Cita publicación periódica| author=van den Ent F, Amos LA, Löwe J| title=Prokaryotic origin of the actin cytoskeleton. | journal=Nature | year= 2001 | volume= 413 | issue= 6851 | pages= 39–44 | pmid=11544518 | doi=10.1038/35092500 | pmc= | url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/entrez/eutils/elink.fcgi?dbfrom=pubmed&tool=sumsearch.org/cite&retmode=ref&cmd=prlinks&id=11544518}}</ref><ref name="pmid20168300">{{Cita publicación periódica| author=van den Ent F, Johnson CM, Persons L, de Boer P, Löwe J| title=Bacterial actin MreB assembles in complex with cell shape protein RodZ. | journal=EMBO J | year= 2010 | volume= 29 | issue= 6 | pages= 1081–90 | pmid=20168300 | doi=10.1038/emboj.2010.9 | pmc=2845281}}</ref> O peptidoglicano está tamén implicado na [[fisión binaria]] durante a división celular bacteriana.