Inglés medio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
extraño > estraño
m Conquista normanda de Inglaterra
Liña 1:
[[Ficheiro:Consolation of philosophy 1385 boethius images.jpg|miniatura|300px|Philosophiae consolatio]]
O '''Inglés medio''' é o nome que dan os [[lingüística|filólogos históricos]] ás diversas formas que adoptou a [[lingua inglesa]] falada en [[Inglaterra]] simbolicamente dende a [[Conquista normanda de Inglaterra|invasión normanda de Inglaterra]] por [[Guillerme o Conquistador]] na [[1066]] até a introdución da [[imprenta]] en Inglaterra por [[William Caxton]] en [[1470|década de 1470]]. A súa principal característica é que se trata dunha lingua difícil de definir ou delimitar, pois foi variando nunha rápida transición, na que poden apreciarse os diversos cambios que sufriu o idioma ao longo dos anos, nos cales estivo suxeito a unha forte variedade lingüística.
 
Ademais, durante este período, debido á invasión normanda, o [[lingua francesa|francés]] era a lingua oficial do reino e o [[latín]] o idioma oficial da igrexa, de xeito co inglés perdeu o prestixio do que gozara anteriormente. É durante esta época cando o alfabeto latino substituíu á [[escritura insular]] característica do [[inglés antigo]], dando lugar a novas grafías, novos [[fonemas]] e novos [[ditongo]]s herdados do francés. Neste contexto, o inglés adquiriu moito léxico do dialecto normando do francés e as declinacións do inglés antigo comezaron a desaparecer, converténdose nunha lingua máis [[lingua analítica|analítica]].