Diferenzas entre revisións de «Viterico»

sen resumo de edición
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Wisigothic-states.png|miniatura|dereita|250px|Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (''Gallaecia''), España (''Hispania''), e [[Septimania]].]]
'''Viterico''', despoisnado en [[570]] e finado en abril de [[610]], foi rei dos [[visigodos]] desde o [[603]] ata o 610. Despois de obter o mando das tropas de [[Liuva II]], a quen persuadira para que declarase a guerra aos [[bizantinos]], sublevouse contra o monarca, apoderouse del, cortoulle a man dereita e logo quitoulle a vida antes de ser proclamado rei dos [[Visigodos]] que gobernou do [[603]] ao [[610]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:21-WITERICO.JPG|180px|esquerda|miniatura]]
Tradicionalmente creuse que Viterico favoreceu o [[arrianismo|arianismo]]. Non existen probas diso, aínda que é probábel que o novo rei, aínda sendo formalmente católico, conservase as súas antigas crenzas. En todo caso, politicamente non era conveniente volver á situación anterior ao 589.
 
É moi escasa a información que se posúe do seu reinado, pero se sabe que estivo enfrontado a unha parte da nobreza e do clero (no entanto sábese que contaba co apoio dalgúns bispos, coñecéndose o caso do bispo ElergiusElerxio de Egara, hoxe [[Terrassa]]).
 
Coñecemos o caso dun conde da [[Gallia Narbonensis]] chamado [[Búlgar]] de Bulgaran, que ao parecer foi torturado, encarcerado e despois desterrado. O propio Búlgar explica que foi axudado por dous bispos, AgapiusAgapio e Serxio, que despois do reinado de Viterico ocuparon sedes metropolitanas (Serxio foi arcebispo de [[Narbona]]). Tamén se sabe que o bispo de Toledo, AurasiusAurasio, tivo dificultades, pero non é seguro que fosen motivadas por un enfrontamento co rei, pois podía tratarse dun problema relixioso interno.
 
Porén sabemos que todos os citados conservaron a súa vida e os seus cargos, pois atamesmo Búlgar foi reposto como conde antes da morte de Viterico (segundo el mesmo explica nunha das súas cartas, por mor dunha visión que tivera o rei) e participóparticipou máis tarde nas negociacións diplomáticas que buscaban unha alianza dos visigodos cos reis merovinxios.
 
Viterico loitou contra os [[bizantinos]]. Un dos seus xenerais ocupou [[Sagontia]] ou Xisgonza sen que se saiba en que ano aínda que debeu ser ao redor do 605. ProbábelmenteProbabelmente na mesma época foi ocupada ''Bigastrum'' (non moi lonxe de [[Cartago Nova]]) cuxo bispo xa aparece nas actas do [[Concilio toledano]] do ano 610.
 
No 607 [[Teodorico II, rei franco|Teodorico de Borgoña]] solicitou a man da filla de Viterico, chamada [[Ermenberga]] (talvez arrianaariana), á que xurou que nunca privaría da súa condición de raíña.
A princesa chegou a [[Châlon-sur-Saône]] pero a reina avoa, [[Brunexilda]], e a súa neta [[Teudila]] ou Teudilana (irmá de Teodorico) instigaron ao rei borgoñón contra Ermenberga, e finalmente o matrimonio non chegou a celebrarse, sendo reexpedida a [[Toledo]], sen o seu dote.
 
Viterico, ofendido, entrou nunha cuádrupla alianza con [[Teodeberto II|Teodeberto]] e [[Clotario II|Clotario]] (de [[Austrasia]] e [[Neustria]]) e con [[Axilulfo]] rei dos [[longobardos]], dirixida contra [[Brunexilda]] e o seu neto [[Teodorico II, rei franco|Teodorico de Borgoña]], en cuxas negociacións posteriores (xa en tempos de [[Gundemaro]], sucesor de Viterico) participou o conde Búlgar de Bulgaran antes mencionado.
 
A alianza no entanto, non tivo éxito, aínda que das cartas de Búlgar despréndese que houbo unha serie de combates que tiveron como teatro a zona da Narbonense, pero non coñecemos nin a zona de operacións, nin a súa duración, nin o seu resultado.
 
Como [[Isidoro de Sevilla]] non fai ningunha mención a estes sucesos, pode deducirse diso que as loitas foron máis ben escaramuzas fronteirizas menores e que os visigodos non obtiveron ningún éxito ningún. Sábese pola mesma correspondencia, que a Narbonense era teatro de moitas calamidades, pero non se indica cales eran nin se afectaban a outras provincias ou territorios.
 
Unha conxura de nobres, probábelmenteprobabelmente dunha facción rival, e próximos ao clero [[católico]], asasinou a Viterico durante un banquete, en abril do [[610]].
O seu cadáver foi arrastrado polas rúas de Toledo. Os nobres conxurados aclamaron como rei a un deles chamado [[Gundemaro]], probablementeprobabelmente [[dux]] da Narbonense.
Tras a morte de '''Viterico''' [[Isidoro de Sevilla|Santo Isidoro]] escribiu: ''"matara coa espada, morreu coa espada"''.
 
52.498

edicións