Inocencio III, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1:
{{wikificar}}
{{Biografía}}
[[Ficheiro:C o a Innocenzo III.svg|120px|miniatura]]
 
'''Inocencio III''' (,nado en [[Anagni]], cara o ano [[1161]] e falecido en [[Perugia]] o 16 de xullo de [[1216]]), foi o [[papa]] nº 176 da [[Igrexa católica]].
 
== Traxectoria ==
Nobre de familia italiana, estudou [[Teoloxía]] na [[Universidade de París]] e despois [[Dereito canónico|Dereito Canónico]] en [[Bolonia]]. Incluso antes de ser elixido Papa xa era unha personalidade respectable e connotada. Por isto [[Celestino III]] nomeouno cardeal e, tralo seu falecemento en [[1198]], nunha votación unánime foi elixido como sumo pontífice o 8 de xaneiro dese ano. O [[colexio Cardenalicio]] viu máis tarde satisfeitas as súas perspectivas. Parte da grande enerxía que despregou como Pontífice débese a que foi un Papa inusualmente novo, pois foi elixido con 35 anos.
Liña 11 ⟶ 9:
 
Convocou o [[IV concilio de Letrán]] de [[1215]], por medio do cal ditou un regulamento que deu forma á [[Inquisición|Inquisición pontificia]].
 
=== Estado da cristiandade á chegada de Inocencio ===
O Papado de Inocencio III iniciouse en medio de varias convulsións sociais. En varias rexións de Europa o [[feudalismo]] estaba cedendo terreo a unha nova sociedade [[burguesía|burguesa]], en medio da [[revolución do século XII]]. Á vez, os estados nacionais estábanse fortificando, e os reis, particularmente os de [[Francia]] e [[Inglaterra]], perfilábanse como novos actores de importancia no mapa político. En [[oriente]], a cristiandade debía lidar coa ameaza dun poder musulmán fortalecido por [[Saladino]], que conseguira desbancar á [[terceira Cruzada]]. Sendo a igrexa católica unha das entidades máis poderosas de Europa, non podía facerse oídos xordos a todos estes sucesos.